Pedro J. Peón Estévez
A volta ó mundo de Gonzalo de Vigo (III)
"O primeiro avó Vigo, filho de Rodrigo Álvarez e Isabel Martínez malvivía pescando na ría de Vigo e oiu falar que o almirante Malagois ou Magaláns precisaba tripulantes para unha moi longa viaxe ate as ilhas das especies por ocidente, máis alá das recén descubertas indias por mor de non se enfrontar cos lusos que dominaban as rutas de oriente. Tras algo máis dous anos de sofrida travesía, só duas naves das cinco que partiran acadaron o Maluku: a Trinidade do avó Vigo e a Victoria, que baixo o mando do capitán Elcano, rematou a viaxe a traveso do gran mar da India, mentras que a Trindade, tras ser reparada de graves averías, voltaría pero en sentido oposto, polo gande mar do nacente, pero por mor de enfermidades,temporais, fame e desconhecemento, a nave era un cadaleito flotante polo que o avó Gonzalo e outros dous desertaron en Guam. O avó Gonzalo foi curado e ben tratado pero os dous lusos que o acompanhaban foron mortos pois tinhan entendido que as chamorras estaban tolas por que as desvirgasen. E non foron os únicos "ilusos". Tamén deixou dito que o almirante Malagois ou Magalhāes fora morto nas Filipinas polos nativos. Estívolhe ben pois mandara queimar as nosas casas e asasinar a uns cantos só por lhe ter roubado un bote a cambio do moito que fixeramos por eles. O moi filho da puta bautizounos como "Ilha dos Ladrós". O primeiro avó Vigo deixou dito que a morte do Fernando alegrouno moito"
"A estadía do meu primeiro avó en Guam foi moi proveitosa para todos. Axinha aprendeu as línguas daquela área así como a cultura, xeografía e costumes. El aprendeulhes de vez, avanzadas técnicas de navegación e pesca, agricultura, ou trabalho da madeira con ferramentas que sacara da Trinidade cando desertou. Non colhera armas de fogo pero si unha machada, serrón, chaira, trenchas maza e punteiros e unha espada; unha pesada equipaxe de escaso valor en metais pero de grande valor como forza de trabalho e técnica. Foi con aquela maza e un punteiro que gravou nunha laxa a inscripción que alí vistes: ' Eu, Gonzalo Álvarez Martínez, filho de Rodrigo e Isabel, nacido en Vigo no remate do XV sec. marinheiro da nave Trinidade que me trouxo a estas terras en MDXXII, terras que fixen tan minhas como aquelas que deixei para sempre no cabo do velho mundo'
"O avó Gonzalo era un baril bo mozo de pel clara que non tardou en namorar unha bonita chamorra, casar con ela e facela nai dunha récua de espelidos chamorrinhos, ós que criaron con ben e aos que deixou o seu legado en herdanza para ser referido ás xeracións vindeiras das que me sinto moi honrado en pertencer"
Chegado a este punto acordei interromper ó convidado, quen apriveitou para mandarlhe outro grolo e descansar un chisco.
- Catro anos despois unha nave (outra Victoria) fondea nas costas de Guaján. Pertencía á expedición de García Jofre de Loaísa que partira da Corunha (porto moi achegado ao de Vigo) da que formara parte J.S. Elcano, heroe completador da primeira circunvalación do mundo, sobrevivinte xunto con outros 18 tripulantes Andrés Urdaneta dá boa conta daquel encontro:
" ...hallamos un gallego que se quedó en estas islas con otros dos compañeros de la nao de Espinosa, e los otros dos muriendo, quedó el vivo, el cual vino luego a la nao e nos aprovechó mucho porque sabía la lengua de las islas..."
Fernández de Oviedo na sua "Historia general y natural de las Indias, islas y tierra firme del mar océano" conta que nativos en piraugas rodearona nao, cando un deles, en perfecto castelán díxolhes: " En buena hora vengais capitán, maestre y la compañía" Os da Victoria non podían crer no que oían e preguntáronlhe como era posible que se atopase alí, naquelas ignotas terras e o primeiro avó Vigo do noso convidado Sumahi faloulhes así: "Señores; yo soy uno de la armada de capitán Magalhães y salime de la nao del capitán Espinosa cuando tornó a arribar al Maluko. No pudiendo ir a Nueva España porque en sazón se morían muchos a bordo, además que habiera fuertes temporales, salimos dos portugueses y yo para huir de una muerte segura, a la isla más cercana del norte. Allí mataron los indios a los otros dos por ciertas sinrazones que ellos cometieron..."
- A causa da súa morte, segundo deixou dito o primeiro avó Vigo foi que se quixeron propasar coas mulheres da ilha porque oíran unha lenda extendida por todo o malaio que di que as guameñas tenhen que seren desfloradas para poder casar. Nin que dicir ten que iso é un conto, conto que lhes custou a vida a aqueles dous ilusos - engadiu Sumahi. Algúns presentes, facendo un xogo de palabras con luso-iluso, riron discretamente.
Aclarado este punto, sigo co relato de Gonzalo recolhido, como xa dixen, nas crónicas da expedición: "...Después, con algunos indios vine a esta isla de Botahá. Yo soy gallego y sé muy bién la lengua de estas islas y su geografía"
Ante tan valioso aporte foi convidado a formar parte da expedición como intérprete pero el non aceptou ata que lhe foi concedido o Seguro Real que conlevaba o perdón para todo crime que houbese cometido, incluída o de deserción. Nada dixo da sua familia guamenha, temeroso de que lhes fixesen mal para obrigalo a el e foise mansamente ás Molucas onde fixo un importantísimo papel como intérprete e mesmo negociador entre espanhois, portugueses e nativos ate que remataron as cruentas hostilidades nas Molucas por mor do tratado de Zaragoza de 1529, polo que Espanha e Portugal se repartiron o mundo. Non se sabe se facía parte dos sobrevivintes da desgrazada expedición de Loaísa que atracou en Lisboa tras once anos de viaxe.
- Non ! -volveu intervir Sumahi- O primeiro avó Gonzalo foi secuestrado xunto cun grupo dos nosos para seren utilizados na guerra contra os portugueses. Si, foise mansamente para alonxar da súa familia ós seus paisanos, a quen conhecía ben e sabía dos seus moitos crimes cometidos nas colonias. Despois dunha inxente labor no Maluko, quixo voltar a Guam pero impedíronlho e levábano atado polo pescozo cunha cadea coma un can ata que, unha noite, extrangulou ó seu gardián con esa mesma cadea, colheu un bote a vela e navegou sen acougo, guiándose polas estrelas, ate acadar Guam e os seus chamorros, onde viviu moitos, moitos anos en paz e armonía. Alí exerceu, ate a morte de mestre, astrónomo, xeógrafo, carpinteiro, canteiro, labrego, artesán, marinheiro pescador e....Jurubahasa.
Nunha ocasión, un grupo de homes achegáronse a Guaján para pedirlhe conselho. Queixábanse de que os animais cativos rilaban o grao das colheitas e non había xeito de gardalas. Foi con eles e aprendeulhes a construir unha tipo de canastros de madeira ós que deron en chamar Patakas -concluiu Sumahi. Pese ao nutrido público que atestaba o estudio, a expectación e o silencio eran totais. Nin un só xesto seu, nin unha palabra do convidado se lhe escapaba á pléiade de diminutas cámaras que o rodeaban nin ó fato de trebelhos tecnolóxicos que velaban pola fidelidade de imaxe e o son. Cando acordou beber máis un grolo de cervexa (rexeitara a auga), aproveitei eu para facer un inciso: