Tribuna Viva
Réplica da Asociación de Peñas do Pontevedra a Mauricio Rodríguez
Tras, e disculpade que empecemos con preposición, apretalos dentes o leer certa carta aparecida nos medios de comunicación locais, e despois de moito debatir e finalmente levar a votación asamblearia, coma é a nosa costume, a decisión a tomar, iniciamos esta, digamos réplica, ainda que nun primeiro intre matinamos de facer caso omiso á mesma, xa que entendíamos que darlle máis protagonismo do que algúns chéganse a creer, e razón máis que suficiente para non dar pé a unha continuidade de replicas ós ataques sen fundamento do, por desgracia, anterior presidente granate (desgracia por ocupalo cargo, claro está, non polo tema do ser ex), pero a nosa paixón e o noso verdadeiro amor por unhas cores lévanos a que certos comentarios non poden quedar sen resposta, lévanos a que as infamias e as inxurias sobre os siareiros granates non poden quedar coma verdade diante da opinión pública á que este, sí, persoaxe, refírese en busca de consuelo e apoio.
Nun primeiro intre, e imos facer referencia ó final desa carta aberta na que se menta o amor por unhas cores, simplemente recordarlle que ainda estamos a buscar o asento que este expresidente estaba a ocupar na bancada do vello estadio de Pasarón fai, xa non digamos moitos anos, digamos simplemente catro ou cinco. Non, xa sabemos que non estaba, que nin sabía quen era ese equipo de fútbol que se chamaba Pontevedra C.F.; agora ben, nunha cousa temos que darlle a razón, e é o, imos dicir, gusto máis que amor polo granate, porque alí donde vai colle camisolas granates para vestir a certos equipos da liga de veteráns.
Recordarlle, por outra banda, está claro que de memoria non vai nada ben, que a reducción da débeda do clube foi xestionada por un bufete de abogados, que non veña a tentar enganar a ninguén que de salvador non tivo nin a "ese", un home que vai de salvador non pode engadir cláusulas de rescisións impagables ate para un equipo de segunda división, ou pagar cen euros cada vez que se xogue corenta e cinco minutos nun encontro ou outros cen por cada gol, ¿fai vostede nas súas empresas o mesmo?, ¿paga aparte do soldo pluses por cada catro horas traballadas?, non se moleste, son retóricas.
Podemos falarlle á opinión pública, por aquelo do diálogo, que este home foi repudiado de moitos campos da categoría por parte das directivas de moitos equipos, ainda é hoxe o día cando nos preguntan coma é posible que este home falase en nome do Pontevedra C.F. e se lle deixara degradar a imaxe dun clube con tanta historia coma o noso.
Repetir coma fixemos, e xa era a enésima vez, alá por Xaneiro de 2012, que un clube sen socios, sen siareiros non é nada, e non o revés coma afirmou máis dunha vez insultando a práctica totalidade da afición granate e máis concretamente ás Peñas do Pontevedra C.F., falando que o único que queríamos era mendigar os carnés, moi pouco siso ten que ter un dirixente dun clube deportivo para cismar de tal xeito.
Do tema das pancartas aparecidas en Pasarón xa pouco imos dicir, todos ben sabemos coma apareceron aquel día, co estadio de Pasarón pechado a cal e canto, tamén ben ollamos coma os propios empregados do clube tiñan que deixar as súas labores previas ó encontro para colocar ditas pancartas en contra da afición granate e o seu favor, sí, señor expresidente, temos fotos de tal actuación, fotos das pancartas aparecidas no intre do encontró e as que só apareceron pola mañá. Isto poderíamolo definir coma un acto xamais acontecido por parte dun dirixente, e menos granate.
Non sabemos tampouco se non lembra que nun dos seus numerosos dictatoriais actos ordeou a retirada das pancartas das peñas granates e gardalas baixo a súa "especial" custodia, segue sen darse conta que o material para animar ó equipo e algo francamente positivo nun estadio. Non temos que expricar que é o que significa a apropiación indebida de material propiedade de outros.
Nun punto e seguido poderíamos falar de verdadeiras agresións a exempregados granates, ou de outras agresións non físicas xa ben sexan con ameazas teléfonicas contra siareiros ou mesmo contra recolle pelotas por mor da súa rabia contra siareiros, coma se lle pode prohibir a un neno seguir axudando ó seu equipo por non gustarlle a vostede o pensamento dun pai, só un insensato pode actuar deste xeito.
Case que é mellor ir poñendolle fin a este escrito, poderíamos seguir indefinidamente, porque a súa lista de actos negativos é incriblemente extensa, tribulacións etílicas sobre o sexo feminino nunha reunión coas peñas polos actos do setenta aniversario, crear cargos no PCF para familiares que antes non existían, e un sinfín de ecéteras, ah sí, o do local das Peñas, coma é posible que queira que cobren un canon a Asociación de Peñas por un local para a promoción do noso clube, que se non vostede pedirá outro para as súas empresas de xeito gratuito, polo que se ve tampouco sabe a diferencia entre empresa privada e Asociación Cultural e Deportiva sen ánimo de lucro cuio punto principal é a promoción do clube granate.
De seguro que se nos quedan moitas cousas no tinteiro, pero de seguir pasaríamos a falar en tonos que a nosa educación, esa da que vostede carece, prohíbenos, e a xustiza xa fará a súa. O mellor que pode facer é afastarse do Pontevedra, que canto antes se lle esqueza antes deixará de ser o pior presidente granate, tanto no deportivo, coma no enocómico, ou mesmo na parte que toca ó social, deixe traballar ós que verdadeiramente queren facelo con carácter altruista e por amor a un clube e as súas cores, agora que xa o acadou adíquese a reparación de estradas e a construcións de locais rotondas.
Atentamente,
Asociación de Peñas do Pontevedra C.F.
(Asociación Cultural e Deportiva sen ánimo de Lucro que engloba xa a dezasete Peñas Granates).
COMUNICADO DA PEÿA FURYA GRANATE
Debido aos feitos ocurridos recentemente, na que certa persoa fai referencia directa ao noso colectivo, vémonos na obriga, mais unha vez, de por as cousas no seu lugar:
Tras as múltiples faltas de respecto, insultos, denuncias e ofensas constantes por parte do actual conselleiro do Pontevedra C.F. ás peñas, socios e siareiros do clube en xeral, consideramos que este señor non pode permacecer nen un segundo máis neste clube, nen sequera coma conselleiro, porén, esiximos o cese inmediato de Mauricio Rodríguez Boullosa de calquer función dentro do Pontevedra C.F.
Debido o desprezo absoluto desta persoa e de todos os seus secuaces polo Pontevedra C.F., e xa que só buscan o seu interese persoal dándolles absolutamente igual o noso clube, propomos que se nomee a este señor coma persoa non grata en Pasarón.
ÿ absurdo que alguén que nos seus primeiros meses coma presidente do clube ingresa máis de un millón de euros en concepto de publicidade e donativos de diferentes empresas, adíquese á louvanza propia e se atribúa a si mesmo o mérito de reducir a débeda do Pontevedra C.F. O único 'mérito' desta persoa, é o de reducir brutalmente o orzamento do clube, é o que é pior, de toda a base (que é o futuro do clube); así como o 'mérito' de conseguir que moitos socios deixaran de selo polas súas contínuas faltas de respecto, así coma cos propios empregados do clube, algúns deles históricos.
En canto ao termo referido para tentar descalificarnos nos medios, primeiro de todo, recordarlle a este señor que o termo 'radical' fai referencia a aqueles que van á raíz do problema; e segundo, que os que poñen faixas contra os siareiros, os que insultan aos socios, os que se encaran com empregados...en definitiva, que o único que trata de intimidar mediante métodos camorristas a todo o que non pense coma el, coa colaboración de certos medios da cidade e o beneplácito das institucións é este señor, e non os siareiros que se deixan o seu tempo e os seus cartos en apoiar á súa equipa.
Desde o noso colectivo, que leva trece temporadas apoiando a este clube tanto en Pasarón como fora, sen importar a categoría, consideramos que este señor foi e é un auténtico incompetente, o pior que lle puido pasar ao Pontevedra CF nestes últimos anos, e non imos parar até botalo do noso clube. A súa recente carta aos medios de comunicación da cidade, só ven a confirmar que o Pontevedra CF dalle absolutamente igual.
MAURICIO FÿRA DE PASARÿN!!!
Furya Granate, siareiros do Pontevedra CF desde 2001