Tribuna Viva
Instan ao Concello á retirada dunha campaña publicitaria antiabortista
Hoxe, 22 de Xaneiro de 2022, levántamonos coa desagradable sorpresa de que na nosa vila pontevedresa apareceron os cartaces dunha campaña publicitaria que convidan a “rezar” fronte a clínicas que realizan abortos.
Dende o Coletivo Feminista Pontevedra, consideramos que esta campaña realizada por grupos de ultradereita católica son máis propias de séculos pretéritos que da realidade actual.
Esta campaña de ACOSO atenta contra a integridade individual e o poder de decisión das mulleres.
A lei 3/2010 do 3 de marzo, foi un dos maiores logros do movemento feminista deste país.
Este dereito que debería ser universal, segue a ser nalgunhas comunidades autónomas de España, case imposible de cumprir, ben pola obxección de conciencia dos sanitarios, ben porque a propia administración e sistema sanitario lle lo poñen difícil ás mulleres que deciden interrumpir o seu embarazo.
A situación a que se enfrontan as mulleres que deciden interrumpir o seu embarazo é de extrema complexidade e supón un antes e un despois nas súas vidas, como pra que aínda por enriba se atopen coa desagradable situación de ver como son acosadas, insultadas ou agredidas por parte de grupos antiabortistas e de grupos ultracatólicos.
Dende o Coletivo Feminista Pontevedra, Instamos ao concello á súa inmediata retirada como ataques á liberdade individual que son.
Coletivo Feminista Pontevedra