... 902 . 077 . 333 / 986 . 86 .06 . 02 , teléfonos do Sergas de servizo de "atención" á cidadanía, cita previa ou como lhe chamen. En resumo; os teléfonos dos recortes.
Cada vez hai menos médic@s, enfermeir@s, practicantes/as, coidadores/as, é dicir: menos profesionais da Sanidade e máis teléfonos. Nestes tempos, o teléfono é man de santo para todo, a panacea, e se é móbil, daquela xa é diós.
A Xunta, lonxe de contratar profesionais do ramo, pon ó noso servizo un teléfono cunha boneca xaponesa endentro que di: " pulse el 1, pulse el dos" ou espere ( sentado) e ninguén escoita ó telérono dicir: " pero mire..."," pero escoite...", " pero dígame logo..." e ninguen sente o teléfono chorar e laiarse: " Senhor...por que non nos entenden, non ?"
Xa non quedan teléfonos públicos ( nin caixeiros, pero esa é outra ) e a Xunta dá por suposto que cadaquén ten un teléfono á man ou un ordenador (que é moito suponher) Saben na Xunta que:
- Hai moita xente que non ten (nin está obrigada a ter) teléfono e/ou ordenador ?
- En caso de telos, saben se estas persoas disponhen de capacidades físicas e mentais para manexar estes trebelhos ? ( eu son dos que non )
- Hai moita xente con pouca ou nula mobilidade, con falta de atención, concentración, oído, vista, orientación, equilibrio e que, para máis inri, vive soa ?
- Hai moita xente que ten doenzas crónicas e ten que tomar unha medicación vital e que, para elo, debe renovala cada canto co seu médico e que despois de facer cen chamadas ( porque, demasiado a miúdo, o Sergas non destina xente que atenda os teléfonos de xeito permanente ) e os pacientes desesperanzados e cansos, rematen por non tomar esa medicación vital e falecendo por "patoloxías previas", termo este moi de moda ultimamente. É este un xeito de " solución final" encuberto ? Renovarse ou morrer. Nunca melhor dito.
Vivimos tempos de exaltación do individuo e destrucción do común. A miudo se escoita dicir "se queres, podes" , loita polos teus sonhos" , "ti si que vales" e faite emprendedor, ou sexa; autónomo, ou sexa; autoexplotado e pasa do común, da solidariedade, da colectividade, iso xa non ten razón de ser...Que pasa ? Estamos volvendo ó romanticismo ?...Pois, como dicía a minha mae, "Ímosnos dar cos cornos no cu". "Faite emprendedor e non acudas ó Sistema, porque o Sistema foi saqueado (por nós)".
Quen queira porse ó día que lea o artigo do profesor Tomé. Sempre está un a tempo de aprender.
Neste país, a Sanidade, a Educación, as prestacións do trabalho, a DEMOCRACIA etc. son logros colectivos. Non caeron do ceu. Non son agasalho de ninguén, nin sátrapa, nin rei, nin papa, nin santinho milagreiro. Son froito do esforzo de TODOS, do povo que quere ter a todos ben atendidos (e instruídos), doentes e sans. Isto non é un negocio cun teléfono para todos e unha consigna: " Sáfate e non molestes".
Coidade dos velhos, se non por humanidade, porque son votantes. A quen senón iredes buscar á casa, carretar e meterlhe a papeleta na man. A quen lhes ides dicir que os políticos son os demais, que son todos iguais, que van polo carto e que os honrados sodes vós que non vos metedes en política (certo; vivides dela), que só estades ó servizo do povo e non coma eses " un tanto estudados " que vos queren enganar.
Mentres tanto, as universidades seguen producindo moitos e bos profesionais da sanidade, profesionais cuxa formación custa moito ó Estado e total para teren que emigrar pois non lhes dan trabalho no país de orixe. Seguimos nela, estas cousas non son ficticias, simplemente é o que un oe cada vez que vai á farmacia. E menos mal que a xente das farmacias está botando unha man á xente que non se aclara co devandito teléfono. Mil grazas a eles e a elas e á minha sacrificada doctora de cabeceira que é o meu anxo da garda. Apoiémol@s en todo e, cada vez que se manifesten, esteamos ali, a seu carón, con elas e eles. Vainos a vida nelo.
Moito olho co Omicron! Mais nada, se poden, escoiten "Chora o teléfono", ese exitazo de 1974 en calquera das súas versións. Lembremos aquel retrouso que nos vén moi a conto:
Chora o teléfono,
Non colgues, por favor
Que cerca estou de ti
Ca minha voz.
Chora o teléfono
Por última vez
Porque manhán eu
Marcharei.
M. Lidia Torres e
Pedro J. Peón Estévez