Pedro J. Peón Estévez
John Balan, grandes relatos
Non conhecín persoa máis boa e máis libre que don Manuel Outeda " from Seixo City, Marín ", como adoitaba presentarse. Dedicou a vida a facer a nosa máis feliz sen nunca pedir nada a cambio. Grazas a persoas coma John Balan, a Negra Noite de Pedra fíxosenos máis levadeira.
Disque puido acadar un bo caché como artista e facerse rico pero nunca renunciou ó seu anaco de liberdade e xa se sabe; a liberdade é o producto máis caro que existe. Ademais, el sempre quixo estar cerca dos seus moitos amigos. Da súa obra e vida, el foi o único director e guionista.
Contan que, hai moito tempo, unha leiteira vinha caminhando cara Marín cunha caldeireta de leite sobre a cabeza. A leiteira vinha botando as contas da leiteira ( xa conhecen o conto ). De súpeto sentiu un buguinazo detrás da caluga e botouse fóra da estrada indo caer nunha leira. A caldeireta virouse e os proxectos da leiteira fóronse por terra. Cando mirou á estrada non viu auto ningún, só un rapazolo que a fitaba extranhado. Entón ela berroulhe:
- Ai eras ti caralhán !...case me matas !!
O rapaz, un pouco amolado, díxolhe:
- E logho non lhe pitín...e logho non lhe pitín !?
Naquel xusto intre rematou o conto da leiteira e comezou a lenda de Jhon Balan, o xenial home - orquestra de Marín.
Velaquí un resumo das súas películas máis conhecidas:
--Eres un cobarde Flánagan, mereces morir...
- ! No, no lo hagas Morgan !
- Bueno, no te mataré pero te daré una buena...¡ Toma ! ( arréalhe unha pinha nun olho )
- Aag! ¡ Esto no quedará así...!
- No Flánagan; eso hincha.
<<<o>>>
- Bienvenido forastero.
- Bienvenido no pudo venir.
- Pués cuando venga dile que le busco.
- ¿ Para qué?
- Para vengarme.
- ¿ Vengarse? ¿ Por qué?
- Depende; yo lo mismo me vengo que me voy.
<<<o>>>
Un caso sen resolver.
- Oye Joe, ¿ resolviste ya el caso ?
- No McÁlister, seguimos sin saber "quién comió las peras de cementerio".
- Igual fué Bienvenido....
- Igual.
<<<o>>>
- Don't let your hair down.
- Cooomo ??
- Oye Dolly, ¿aún estás con Holiday? Necesitas un hombre de verdad, como yo.
- ¡Te matará si te atreves!
- Saldré ganando. ¿Acaso no sabes que la muerte es de acero inoxidable? y con el precio que tiene...Ven, vamos a retozar sobre un colchón América: "América, the best mattress of the wordl" Se lo dice John Balan, gran comedor de fanecas...Dile a Holiday que ya pasaré otro día a matarlo. Hoy me voy a rodar mi última película: " El asilo de los viejos perros malditos", "rimeik" de "El callejón de las vírgenes despistadas"; guz bai bois!
- Guz bai Yon !
- Si yu leita, mai frend. E logo ti non sabías que aquela película de "La muerte tenía un precio" deu tanto carto porque era de aceiro inoxidable? "No te sueltes la melenaaá que me tienes amarraaao...
Continuará (ou non)
<<<oOo>>>
* Manuel Outeda, ou John Balan from Seixo City, Marín. Home-orquestra con grandes cualidades "fonéticas e de laringe" como el dicía.
Algunhas versións sonadas do John cantante-orquestra:
" Release me " de Engelbert Humperdinck (Balada)
" No te sueltes la melena ", copla de Pepe Mairena.
- Vaia, un pareado !
- Máis ben unha parida. Continúa.
- Desculpa John..." El Dongo-Dongo " (Chachachá)
"Amor secreto" sintonía de novela radiofónica mala de localizar.
" Monia" balada setenteira con intermezzo recitado en suposto inglés, segundo a moda da época que Balán chegou a introducir ata nas coplas.
Vaia un saúdo para Johnny, veterano batería de Marín (Si la col tuviera cara como tiene el caracol...), e cecais o home que máis e melhor conheceu a Balán sen esa estúpida e falsa lenda de solitario cowboy que lhe armou unha pandilhita de boavilas.
Saúde e longa vida Johnny ! Que sexas moi feliz onde queira que esteas, benquerido John !
Continuará (se cadra)