Tribuna Viva
"Pasear (ou non) polos montes do Morrazo"
Xa son mais de 25 anos de andaina da Agrupación Micolóxica Naturalista Liboreiro, percorrendo a nosa bisbarra, estudando e dando a coñecer a riqueza de especies de cogumelos da nosa comarca (algunas delas de moito interés, incluso primeiros rexistros a nivel do continente europeo), así coma de moitos outros aspectos da biodiversidade do Morrazo.
Algún dos membros da asociación ian participar o pasado sábado 27 de novembro no roteiro da Plataforma pola Defensa dos Montes do Morrazo (PDMM), contra a área de desenvolvemento eólico do Morrazo, e pola protección dos montes de Cela e Ardán, para dar a coñecer "a importancia paisaxística, ambiental e cultural" dun dos reductos mais importante que nos queda de vexetación autóctona, e tamén para informar da afección que suporía para esta zona a implantación dun parque eólico.
Uns días antes xurde a sorpresa, e na AMN Liboreiro ficamos abraiados ao recibir a noticia de que a actividade cancelábase pola prohibición expresa das comunidades de montes de Cela, e de Ardán, apelando ao artigo 88 da Lei de Montes de Galicia, e chegando a puntualizar que, de facerse a ruta alertarían as "autoridades", para que estas tomaran as "medidas oportunas".
Supoñemos que esta referencia ao artigo 88 da Lei de Montes, ten que ver co seu apartado 2, que dí literalmente: "La celebración de actos, incluyendo los deportivos a motor, que conlleven una afluencia de público indeterminada o extraordinaria, o de actividades relacionadas con el tránsito motorizado, se desarrollará mediante orden, estando sujetos a lo dispuesto en el correspondiente instrumento de planificación, ordenación o gestión. En ausencia de dicho instrumento, se solicitará la autorización de la Administración forestal por el promotor del acto o actividad, que habrá de acreditar la autorización expresa del titular. El promotor será el responsable de toda incidencia, daño o perjuicio que pudiera producirse".
Parece bastante cuestionable que unha camiñata polos sendeiros da zona entre dentro deses "actos con afluencia de público indeterminada ou extraordinaria" aos que alude ese artigo. Se fose una saída dunha asociación naturalista, da nosa mesma AMN Liboreiro, ou unha reunión de varias familias para dar unha volta cos nenos polo monte… tamén habería que pedir permiso a comunidade de montes?.
Levamos anos desfrutando do noso monte, sempre de xeito respetuoso, sen deixar detrás nosa mais que as nosas pegadas, e incluso voltando a casa con mais do que levabamos na mochila: cartuchos de chumbo, latas de bebida, plásticos, e agora as recén incorporadas a nosa "biodiversidade do lixo": as mascarillas. As veces, incluso voltamos co desánimo de ver cousas que nos enchen de tristeza: atentados contra o patrimonio, camiños tradicionais de carro desfeitos nun intre polo paso de grandes tractores, talas, plantación de especies exóticas invasoras (incluso ao borde dos ríos), maltrato animal, etc… O mesmo pasa con todos os roteiros que fai a PDMM, nos que sempre miramos un respeto total polo medio, e nunca ningún incidente.
Curiosamente, en declaracións a Europa Press, Mario Lorenzo, presidente da Comunidade de Montes de Cela (recollidas en : Una ruta de senderismo contra el parque éolico de O Morrazo topa con la prohibición de los comuneros de Cela y Ardán (galiciapress.es), afirma que se non se prohibiron roteiros previos pola mesma zona da APDMM, foi porque pasaron "desapercibidos"… e di, literalmente "Lo único que queremos salvaguardar es nuestra seguridad, en caso de que pase algo, por eso, que al menos nos lo comuniquen", cando nese mesmo artigo da lei de montes ao que alude para prohibir o roteiro, dise que "o promotor (do acto ou actividade) será o responsable de toda incidencia, daño ou prexuicio que poidera producirse". Tamén pasan desapercibidas as saidas da nosa agrupación?? Tamén chamarán "as autoridades" para que "tomen as medidas oportunas", se imos dar unha volta por esa zona??
A cuarta parte do territorio galego, mais de 700.000 hectáreas, corresponde a monte vecinal en man común. A Ley 13/1989, de 10 de octubre, de montes vecinales en mano común, dí literalmente, no seu preámbulo: "La legislación relativa a estos montes exige partir del reconocimiento de la naturaleza privada de estas tierras a favor de las Comunidades vecinales que habitualmente las venía disfrutando, liberándolas de vínculos que la desnaturalizan. En este reconocimiento no se pueden olvidar los preceptos constitucionales referentes a la función social de la propiedad para que tales bienes cumplan las necesidades de la Comunidad propietaria, así como con el interés general de la sociedad y, en consecuencia, llevar a cabo un mejor aprovechamiento de los recursos."
Ainda mais, na páxina web da oficina virtual do medio ambiente (Consellería do Medio Rural, Xunta de Galicia), falando dos obxectivos das comunidades de montes, di textualmente: "… non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos."
Neste sentido, a Lei 13/1989, non cambia a nosa percepción do que debía significar unha comunidade de montes. Sempre pensamos que as comunidades de montes podían (debían??) ser una maneira de garantir o aproveitamento sostible dos nosos montes, cunha visión a longo prazo.
Como ente colectivo, pensabamos que debían estar libre da visión cortopracista e egoísta (difícil non tela nestes tempos de consumismo salvaxe) do individual de vida curta. Sempre pensamos que a responsabilidade polas xeracións futuras (e non coma unha entelequia, senón personificada nos nosos fillos, netos, sobriños,…) faría que nos cortásemos un pouco, xa que nos daría algo de pena o futuro que lles estamos deixando.
O interés económico e a visión cortopracista, egoísta e avariciosa non debe nubrar a comprensión do impacto das nosas acción presentes cara as xeracións futuras: os impactos irreversibles sobre a paisaxe, a disponibilidade de auga, a biodiversidade, o patrimonio arqueolóxico, etc.
Esperemos que o amor a nosa comarca e a sua biodiversidade prevalezan sobre a avaricia.
A AMN Liboreiro seguirá tentando poñer en valor a importancia do noso patrimonio natural, e a necesidade de loitar dende o coñecemento e a divulgación, pola nosa biodiversidade, exactamente o que sempre fixo a APDMM, a que manifestamos o noso público apoio
E xa, por último, aos que lles gusta tanto aludir a artigos de leis para impedir roteiros, e para pretender calar bocas e impedir a divulgación libre da importancia do noso patrimonio natural, eu aludo a dous apartados do artigo 28 desa mencionada Lei 13/1989:
Artículo 28. Montes vecinales en estado de grave abandono o degradación.
1. Se entenderá por monte vecinal en estado de grave abandono o degradación aquel que, de modo manifiesto, haya sufrido un grave deterioro ecológico, no sea explotado de acuerdo con
sus recursos o sufra una extracción abusiva de los mismos.
4. Mediante decreto del Consejo de la Xunta, a propuesta de la persona titular de la consejería competente en materia de montes, se establecerán periódicamente los indicadores objetivos que sirvan para la determinación del estado de grave abandono o degradación de los montes, sobre la base, fundamentalmente, de los siguientes criterios: a) El grado de aprovechamiento de la extensión superficial. b) El grado de manifiesto desuso. c) El grado de acomodación a los aprovechamientos establecidos en instrumentos de ordenación o gestión forestal, en su caso, independientemente de que se refiera a aprovechamientos madereros, de pastos u otros. d) El carácter depredador de las actividades extractivas de los recursos. e) El peligro manifiesto de degradación de las tierras
Agrupación Micolóxica Naturalista Liboreiro