Tribuna Viva
Comunicado conxunto das ANPAs do barrio de Monte Porreiro: Os Campos, O Miradoiro e Luís Seoane
Dende as tres Asociacións de Nais e Pais do Alumnado de Monte Porreiro queremos aclarar de xeito público a dúbida que nos fixeron chegar distintos membros da "patrulla escolar" do barrio.
Se as persoas responsables da organización do camiño escolar non son quen de seguir levando a bo porto esta labor, pola falta obvia de voluntarios para tal fin, non ten máis que comunicarllo a quen consideren oportuno, pero resulta obvio que a solución non pode ser responsabilizar ás ANPAs do barrio da súa organización de xaneiro en adiante.
Así, dende as tres Asociacións comunicamos publicamente que non nos imos facer cargo dun labor que precisa dunha serie de autorizacións (permisos do Concello de Pontevedra para "dirixir" o tráfico) e de seguros para cubrir a todos os "voluntarios" (posto que non comprenderiamos que esas persoas que están na rúa polos nosos fillos e fillas non teñan unha salvagarda), xa que non estamos en situación de asumir tales funcións.
Queremos aproveitar para agradecer unha vez máis, e con todo agarimo, a todas as persoas que están ou estiveron nos pasos de peóns axudando as nosas fillas e fillos a crecer de xeito máis seguro e independente. Un labor moi digno, feito con todo agarimo cara os rapaces e as rapazas do barrio, sabémolo.
Grazas!
ANPA Os Campos - ANPA O Miradoiro - ANPA Luís Seoane