Tribuna Viva
Consideracións sobre a tala de piñeiros nunha parcela lindante co Colexio Público de Raxó e coas pistas de tenis de Monte Baldío
A freguesía de Raxó, no Concello de Poio, conta cunha parcela de 38 hectáreas coñecida como Monte Baldío, nome que coincide coa denominación que recibiran dende tempos inmemoriais os que logo foron calificados como montes veciñais en man común, sendo por tanto unha referencia do uso comunitario na historia dos veciños e veciñas de Raxó.
A única diferencia está en que o Monte Baldío non fora reclamado como veciñal en man común pola veciñanza desta parroquia, estando polo tanto inscrito a nome do Concello de Poio, o que non quita que dende o Goberno Municipal debería de existir unha sensibilidade a prol da súa historia, aíinda que non exista unha xunta rectora dunha comunidade de montes, aos efectos das actuacións que se pretendan facer nesa parcela.
Así, foran construídos un centro educativo cas suas instalacións anexas, e duas pistas deportivas para a práctica do tenis, xestionadas estas ultimas pola Sociedade Cultural e Deportiva de Raxó.
Recentemente, procedeuse por parte do Goberno Municipal a tala do arborado existente na contorna das pistas deportivas de forma unilateral, sen consulta previa ca veciñanza nin coa entidade xestora desas instalacións, o que reflicte un comportamento moi pouco sensible co que representóu e representa o Monte Baldío de Raxó.
A xustificación referente a cumprir a normativa de prevención de incendios forestais, quere indicar que en todos éstes anos anteriores non se cumprira, polo que dan a entender.
Sobre esa tala, a administración municipal de Poio emprega un procedemento que podemos calificar de “novedoso” para o sector da madeira nunca antes visto:
1.- Adxudícase a un rematante en exclusiva sen recoller máis ofertas (alomenos outras dúas).
2.- Non se coñece o contrato e o prego de condicións fixado entre as partes.
3.- Non se coñece o permiso de corta ou a declaración responsable no seu caso.
4.- Para a venda de madeira (ademais feita por unha administración), o método de traballo previo consistiría en:
- Sinalamento das árbores (toma de datos dos diámetros e alturas), cubicación por clase diamétrica (cubicación das árbores dos mesmos diámetros, dando o resultado: número de pés e metros cúbicos ou toneladas). Resultado final: Número total de árbores sinalados e metros cúbicos ou toneladas.
5.- Cando se entrega un lote de madeira, o prezo acadado por metro cúbico ou tonelada, ese é o prezo final, contando cos descontos por gastos de saca. Non existe na historia da venda de madeira ofertar un prezo polo lote e logo proceder a descontar os gastos de saca ou a trituración de restos sobre ese prezo fixado (agás o caso que o recollera o prego de condicións sendo nese caso lesivo para o vendedor).
6.- Para a venda de madeira, unha boa recomendación sería ter en conta os prezos acadados pola FEARMAGA (Federación de Aserradoiros e Rematantes de Galiza), que para o último trimestre de 2021 fixa os mesmos entre os 45 e os 65 para madeira de serra. Néste caso, aplicaron a menor das tarifas, como si fose de pequenos diámetros.
Por todo elo, e para unha maior trasparencia do proceso deberíamos coñecer.
1.- Dentro dunha actuación trasparente, que colectivos referentes na freguesía de Raxó foron informados do proxecto e actuacións a desenvolver en Monte Baldío?
2.- A cantos rematantes de maderia se lle oferta o lote de Monte Baldío de Raxó?
3.- Cal é o número de pés sinalados por clase diamétrica e cubicación?
4.- Cal foi a tasación do Concello de Poio para súa oferta?
5.- Con que permisos conta a administración local de Poio para efectuar a tala?.
6.- Que inspección realiza o Concello de Poio sobre esa parcela aos efectos de preservar a vexetación autóctona e si se producen destrozos na mesma?
No prego de condición (de existir) tívose en conta salvagardar as árbores autóctonas?
Sociedade Cultural Deportiva de Raxó