Tribuna Viva
Máis comunicación e menos oscurantismo
A sección sindical da CIG do Concello de Cambados, e en especial, o persoal con destino no corpo da Policía Local, non pode menos que sentirse ninguneado e enfadado por terse que enterar pola prensa de que o Inspector da policía semarche en comisión de servicios a outro concello.
Non estamos en contra de que un membro do plantel se marche en comisión de servizos xa que esta situación entendemos que se fai en beneficio do traballador, pero botamos en falla que esa marcha non se faga atendendo aos preceptos éticos e de servicio a cidadanía que tanto lle gustaba exhibir dado que; somos un servizo público e estamos para dar un servizo á ciudadanía.
Pois ben, coa súa marcha sen deixar a un mando para ocupar o posto que él abandona, o servicio a cidadanía vaise a ver afectado xa que un plantel de por sí escaso, sufrirá merma co paso de un Policía para o posto de Xefe Pensamos que este tema tíñase que solucionar antes, e falando co plantel; pois xa é habitual que esta persoa esté indo e vindo dun Concello a outro coas múltiples comisións de servizo que leva disfrutado. Co perxuizo e falta de estabilidade que iso implica hacia o plantel da Policía e servizo a cidadanía.
Pedimos á Corporación que busque unha solución para que non resulte afectado o servizo e seguimos a demandar que se cubran de una vez por todas as dúas prazas de Oficias de Policías que se encontran vacantes, e que serían parte da solución que se produce nestes casos.
Sección sindical da CIG do Concello de Cambados