Tribuna Viva
Proceso de traspaso da Illa de Tambo o Concello de Poio
A Irmandade Illa de Tambo ven de realizar unha serie de consultas e entrevistas para analizar a situación actual do proceso de traspaso da Illa de Tambo ó Concello de Poio. Tanto na sede ministerial de Defensa en Madríd como no Congreso dos Deputados, tendo a derradeira entrevista o pasado dia 8 de Setembro co Subdelegado de Defensa en Pontevedra.
O Goberno Municipal de Poio recibira no mes de abril unha documentación que incluia un borrador do prego de condicions que regulara a concesión demanial remitido polo Ministerio de Defensa para o seu estudo e alegacións, documentación que foi cumprimentada e devolta a ese Ministerio acompañada de varias achegas e propostas de modificacións.
Dase a circunstancia que estos envíos cruzanse néste verán coa pregunta parlamentar do mes de xuño sobre o traspaso de Tambo do grupo socialista no Congreso e a resposta de Defensa do mes de xullo no senso de que non recibira a documentación do Concello cando esta xa fora remitida e recepcionada por Defensa.
O Subdelegado do Ministerio de Defensa en Pontevedra, informou a Irmandade do recente envío o Concello de Poio dun novo texto incorporando modificación e mellorando o contido do anterior estando actualmente pendente do seu estudo polo Concello.
A Irmandade Illa de Tambo considera moi positivos os derradeiros avances tras caseque 20 anos agardando, dende a desafección para usos militares por Defensa no ano 2002.
As campañas de reivindicación e difusión dos valores da illa promovida pola Irmandade dende a su constitución no ano 2015, a demanda social e o impulso do Ministerio foron decisivos para avanzar no Concello de Poio e dar unha resposta para a trasferencia da illa.
Pola nosa banda seguimos expectantes brindando todo o apoio, aportando datos froito da nosa investigación, e o coñecemento sobre o terreo dos recursos patrimoniais e medioambientais que engrosan o potencial da Illa de Tambo como recurso de primeiro orde para o Concello de Poio e Comarca.
Irmandade Illa de Tambo.