Tribuna Viva
Comunicado de Touradas fóra de Pontevedra perante un novo ano sen feira taurina
Ademais, nestes dous anos sen touradas puidemos comprobar como tanto a cidade como o turismo puido seguir funcionando sen que existise demanda algunha de touradas. O certo é que nin o tecido económico, nin a masa de turistas que seguen acudindo á cidade ou as propias pontevedresas e pontevedreses demandaron touradas, isto significa que como levamos tantos anos sinalando, é un espectáculo alleo ao conxunto da poboación de Pontevedra e de Galiza. Nun contexto de pandemia onde notamos a falta do mundo da cultura e onde milleiros de profesionais deste sector demandaron axudas ao ser parte fundamental da dinamización económica, ninguén notou dous anos sen touradas.
Mentres a poboación demandaba cultura segura, isto é o regreso do cine, teatro, espectáculos musicais etc ninguén demandaba a barbarie que leva décadas danando a imaxe de Pontevedra.
Por todo isto solicitamos a fin das touradas na nosa cidade, a reconversión do coso de San Roque nun centro cultural e a mudanza da Lei de Protección Animal que fai das touradas unha excepción.
Desde Touradas fóra de Pontevedra anunciamos que este ano non haberá mobilización antitouradas como xa sucedeu no ano 2020 mais seguiremos vixiantes por que mentres Pontevedra sexa o último recuncho galego con touradas, seguiremos loitando contra esta lacra que por sorte ten os días contados, aínda que as institucións insistan en mantelas artificialmente con cartos públicos.
Touradas fóra de Pontevedra