Galeguismo

10 de julio 2021
Actualizada: 18 de junio 2024

O 14 de xuño de 1931 o galeguismo desenvolveu unha importante campaña de espallamento político pola comarca do Morrazo. Empezaron por Marín e seguiron por Seixo, Bueu, Cangas, Moaña e Domaio.

O 14 de xuño de 1931 o galeguismo desenvolveu unha importante campaña de espallamento político pola comarca do Morrazo. Empezaron por Marín e seguiron por Seixo, Bueu, Cangas, Moaña e Domaio.

O 1º dos actos celebrouse ás 10:30 h. no Teatro Quiroga de Marín, arengando Núñez Búa, Bóveda, Castelao e Paz Andrade. En Seixo participaron Isidro Andrade Cimadevila, Iglesias Vilarelle e
Castelao.

Na Lonxa de Bueu participaron Núñez Búa, Paz Andrade e Castelao. Núñez Búa explicou a doutrina do galeguismo e as conexións coas teorías colectivistas, Bóveda baseouse no aspecto
económico da Galiza e a importancia dun Estatuto de Autonomía, Castelao falou de Galeguismo e Universalismo e Paz Andrade sobre os beneficios políticos de dotar a Galiza dun autogoberno.

Días máis tarde, o 25 de xuño, proclamouse en Ourense a I República Galega e o 27 foi nomeado Presidente Alonso Ríos, mais velaí quedou o efémero estado. No mes de decembro fundouse en Pontevedra o Partido Galeguista na súa VII Asemblea Nacionalista da cidade.

Este ano cómprese o 90 aniversario destes feitos, fundamentais para entender a nosa historia e unha das razóns polas que nos dotamos dun Estatuto de Autonomía, mais cómpre unha reforma da Carta que a actualice ás necesidades actuais da nosa terra.