Tribuna Viva
A licitación de servizos e quioscos das praias de Silgar e Canelas quedan desertas. Esiximos responsabilidades
Somos Sanxenxo esiximos responsabilidade ao órgano de goberno de Sanxenxo tras que a licitación de quioscos e servizos de dúas praias referentes do noso concello: Silgar e Canelas, quedaran desertas; cuxo resultado se coñece cun retraso dun mes respeto á data estipulada nos pregos.
O 2 de marzo, solicitabamos explicacións ao Concello sobre como ían ser as licitacións, se éstas ían ser por separado tal como é uso e costume, ou se ían recurrir a outra modalidade. Tamén solicitabamos cláusulas especiais dada a época de pandemia. Ningún dos nosos escritos foi contestado, nin as peticións foron atendidas, a pesar de ser instada a información, por dúas ocasións, en forma e prazo conforme establece a normativa tanto administrativa como de Transparencia e Bo Goberno.
Desde Somos Sanxenxo consideramos que este ano non era o indicado cara modificar as condicións e moito menos obrigar ás licitadoras a cambiar un sistema de contratación e licitación de servizos de praia que funcionaba.
O noso temor de que as novas condicións dos pregos, tras un ano de “vacas fracas”, cunha manifesta incertidume de como evolucionaría a pandemia, e cun aumento de esforzo de inversión para os novos licitadores deran lugar a que quedasen algunhas das praias sen servizos, por desgraza, veuse cumprido. Co engadido de que se coñecen, os resultados, cun mes de retraso; pois, no peor dos casos, esixíase ás licitadoras que os servizos estivesen en funcionamento entre o 1 e o 15 de maio; prazo que, obviamente, é imposible de cumprir.
En caso de volver sacar a concurso as dúas praias que quedaron vacantes, preguntámonos se o farán nos mesmos termos sen publicidade ou se o presentarán por vía urxente, e neste último caso, se tardarán outros dous meses en resolver.
O feito de que, no peor momento, en contra do sentido común e fóra de toda realidade, este órgano de goberno decidira aumentar as esixencias de inversión,coas consecuencias de que algúns servizos quedarán sen ser prestados, o concello recaudará menos e propiciarase a destrucción de postos de traballo vinculados a estes servizos, demostra a falta de xestión eficiente, eficaz e de resultados que tanto prometía en campaña.
Mary Camiña
Voceira de Somos Sanxenxo