Tribuna Viva
HOSFEGA solicítalle á Xunta un cambio nos criterios de peche por mor dos gromos nos entornos laborais e familiares
HOSFEGA entende que os peches perimetrais e as restricións en hostalería son medidas que tiñan razón de ser no pasado, pero que actualmente non teñen cabida dadas as novas circunstancias.
"A estas alturas, sabemos que a maioría dos gromos estanse a producir por comportamentos nos entornos familiares e laborais. Pero a pesar diso sempre nos están a pechar aos mesmos", é unha mensaxe que está a chegar dende moitos dos representantes da hostalería e do comercio. "As medidas sanitarias deberían contemplar esta realidade e deixar de castigar a sectores, que neste momento, están feridos de morte", engaden.
Os hostaleiros están a ser, con diferencia, o sector mais prexudicado polas imprudencias que se están a cometer en entornos que nada teñen que ver coa hostalería. É por iso, sinalan dende HOSFEGA, "pedimos que non se nos criminalice por comportamentos que non están relacionados coa nosa actividade".
Con respecto aos horarios e as restricións anunciadas polo Goberno central, HOSFEGA considera que "son medidas excesivamente restritivas, sobre todo tendo en conta que a estas alturas xa avanzamos moito na vacinación e que sabemos que no verán as posibilidades de contaxio son moito mais baixas". HOSFEGA podería chegar a entender que se propoñan medidas deste tipo a curto prazo, pero non para todo o verán. "Estamos seguros de que no mes de xullo os datos van ser moito mais favorables", comentan.
Entenden que o ocio nocturno debería ter xa un plan de arranque económicamente viable e propón a apertura dos negocios con un enfoque de rentabilidade mínimo. E entende que o Goberno Central cambiou as resticcións de apertura, polo que as condicións se convertiron en inasumibles.
Hosfega tende a man ás distintas administracións para elaborar un plan para poder solventar a situación, participando nas distinas mesas de dialogo e negociación.
Ao mesmo tempo, HOSFEGA solicita da Xunta unha maior axilidade e claridade á hora de comunicar as medidas a tomar. "Canto antes se nos comuniquen os protocolos para poñer en marcha as decisións anunciadas polo Goberno central, antes poderemos aplicar as medidas que sexan necesarias", solicitan os hostaleiros.
Como xa se ten manifestado noutras ocasións, HOSFEGA incide de novo na súa demanda para que a Xunta poña en marcha, sen mais dilación, un plan de axudas para asumir os gastos derivados da compra de material de seguridade, xa que cada vez que se poñen en marcha medidas sanitarias e de control, conleva consigo unha serie de gastos que supoñen unha carga tendo en conta a situación dos negocios do sector.
Dende HOSFEGA tamén se queren poñer en valor as iniciativas xurdidas dende distintas asociacións de Galicia, nas que se puxo de manifesto a unión do sector e o apoio das distintas administracións locais, que respaldaron de maneira institucional as queixas e necesidades do sector.
Engade tamén HOSFEGA unha solicitude aos concellos de toda Galicia, para que emitan dende as súas Corporacións declaracións institucionais consensuadas de apoio ao sector hostaleiro.
HOSFEGA Asociación de Hosteleiros de Vilagarcía