Tribuna Viva
Foi un erro?
O noso comunicado reclamando unha explicación sobre o despropósito cometido o Día das Letras Galegas, lonxe de aclarar o acontecido, aínda afondou máis na ferida.
Non só se recoñecen erros (algo moi humano, por outra banda), se non que a concelleira de Cultura se defende con argumentos como: "o importante é que os nenos lean"; "imos ter actividades como contacontos que posiblemente lles quede máis aos nenos que un libro en galego", ou "os pais poden cambiar os libros na libraría", como se fose un iogur caducado, o que nos leva á conclusión de que esta persoa non é apta para ocupar o seu cargo.
Señora concelleira, tivo a oportunidade de aclararlle aos veciños e veciñas de Meaño o "erro" cometido, ao non facelo, vostede deixa claro que actuou de mala fe.
O seu desprezo polo noso idioma oféndenos, e, de seguro ofende a moito@s meañeses/as. O BNG de Meaño non pode calar ante o acontecido, non nos queda outra que amosarlle de novo a nosa indignación.
Señora concelleira, sen acritude, considera que Meaño se merece isto?
Consello Local do BNG Meaño