Tribuna Viva
Carta dirixida á Conselleira do Medio Rural e do Mar
Estimada Conselleira:
Diríxome a vostede en calidade de Presidente da Comunidade de Montes Veciñáis en Man Común "Rega dos Agros" de Combarro, Concello de Poio.
A Comunidade que presido, anda dende hái moitos anos na procura de información e asesoramento xunto a moitas outras comunidades e tamén propietarios de montes particulares, que nos permita saber hacia donde dirixir o mapa productivo tendo en conta as tendencias e mercados actuáis, tanto nacionáis como internacionáis.
Como ben sabe, as existencias da maioría de titulares de montes procede das repoboacións realizadas durante o franquismo, que foron dando brotes de cepa das talas de eucaliptos, do espallamento desa especie por incendios forestáis, dos diseminados de piñeiro tamén tralo paso do lume, e algúns bosques de frondosas por prantación caseque a título testemuñal, sen productividade, sen contar aquelas que só teñen matogueiras, invasións de acacia,..etc.
Temos preguntado en numerosas reunións con técnicos da súa Consellería hacia donde dirixir o modelo productivo, e algúns como moito nos indican que hái que ordenar as masas de eucalipto e tamén as de piñeiro, pero non ofrecen alternativas para outras produccións. Como moito escoitamos decir que tamén hái espazos para as frondosas, cogomelos, pero claro, non saben decantarse por algunha que teña en conta que o realizarse con inversións privadas, queremos saber a rendabilidade das mesmas, polo tanto falámos de mercados e garantías. Unica forma de animar a investir.
Namentras, sabemos que outros paises sí teñen unha estratexia definida para o monte, na que a implicación do propietario e total, donde a silvicultura é unha ferramenta ligada o séu desenvolvemento. Donde o monte aporta non só beneficios a sociedade e o medio ambiente, senón que tamen económicos que repercuten no titular das terras e na xeracion de emprego...
En base a elo, gostaríanos saber, si o monte o consideran un sector estratéxico, hacia donde pretenden dirixir o seu futuro, que tipo de produccións van a potenciar, si pensan incrementar a superficie de protección, de espazos naturáis, etc., e si a sociedade vai a participar nas tomas de decisións.
Pola nosa parte, namentras, observamos a proliferación de incendios forestáis, como todolos anos en maior ou menor medida, e tamén, como o pasar o mes de Outubro, NINGUÿN volta a falar dese asunto. O monte desaparece dos comentarios políticos, periodisticos, e sociáis.
Conselleira do Medio Rural e do Mar, por favor, díganos con criterio e argumentos, hacia donde quere que orientemos o monte galego, levamos agardando moitos anos.
Moitas grazas.
Combarro, 13 de Setembro de 2013.
Claudio Quintillán Vallejo.
Presidente da Comunidade de Montes Veciñáis en Mán Común
Rega dos Agros. Combarro.Poio.