Milagros Domínguez García
As filloas, o entroido, a tradición
E sen apenas ser conscientes, o 2021 alleo no seu paso á crisis sanitaria que vivimos actualmente, vai pasando e vai traendo da súa man as datas que non hai moito celebrábamos por tradición e como no, por convicción.
Porque os galegos, famosos polas nosas contradicións, tamén o somos por celebrar, e aínda que de forma moi distinta este ano, o entroido non pasará desapercibido nas nosas mesas.
E si, son datas para as tradicionais filloas cuxa receta pasa de xeración en xeración para deleite dos comensais, que poden a través do seu delicioso sabor evocar ata a súa infancia, onde as súas avoas e nais non escatimaban en mimo para compracer a grandes e pequenos, na elaboración dun postre que require de gran destreza.
Quen non recordou a súa infancia a través dunha comida?
Quizáis a pandemia este ano impídenos saír disfrazados, e esas grandes comparsas non encherán as rúas de cor e música, pero non poderá impedir que nas filloas atopemos ese elemento que evoca o pasado e por qué non, aproveitar a ocasión de compartir cos máis pequenos da casa esa receita buscando perpetuala no futuro.
Durante o confinamento do ano pasado, todos, ou case todos, atrevímonos ata co pan, e por qué non aproveitar, e digo aproveitar, porque creo que ata das malas circunstancias debemos intentar atopar unha parte positiva, as restriccións que nos limitan, para "convencer" aos nosos fillos de que como bos galegos que somos as tradicións son importantes para fomentar o arraigo á nosa terra en tempos críticos como os que vivimos actualmente, e os que probablemente veñan precisarán da nosa entrega, porque se ben está manter a festa, é imprescindible manter quen somos e o que os nosos pais e avós nos inculcaron.
É o noso ADN, o levamos impreso, e a celebración das nosas tradicionais festas uniránnos en tempos controvertidos e de enfrentamento ideolóxico facéndonos ver que quizáis hai máis cousas que nos unen que as que nos separan.
Este ano para a nosa desgraza e a da nosa terra non poderemos vernos nos bares pero quizáis si que poderemos aproveitar as novas tecnoloxías para compartir cos nosos amigos, aínda que sexa virtualmente, unhas ricas filloas, e ata con un pouco de sorte un non menos delicioso lacón con grelos.
Manteñamos a memoria viva das nosas tradicións e convirtámolas en ponte; como decía a cativa protagonista da película de Chano Piñeiro: "Os paxaros morren no aire, Casanova". "Eu queria facer unha ponte dende alí, deica lá. Eu sei que o podo facer, mais disque estou tola, por iso voume; teño que buscar novos homes que me axuden a facela ponte".