Marta Rodríguez Engroba
Cuestións incómodas que se poden tornar perigosas. Finxir que non existen non é a solución
Hai certos temas, certas cuestións, incómodos, molestos, que todos sabemos que existen, que nos desagradan, pero que non se mencionan, principalmente porque non é políticamente correcto, e tamén porque facelo é ter todas as papeletas para ser criticado e mesmo tal vez insultado, malia que moitos máis dos que se poida crer pensen exactamente o mesmo que aqueles que foron quen de poñelas enriba do tapete.
Nestas situacións é cando me decato de que, ao fin e ao cabo, cumplir anos ten algunha ventaxa, entre elas, a de que, coma no meu caso, xa levo a maior parte do meu camiño andado, e moitas experiencas as costas, así que creo que xa me podo permitir o luxo, mentras non lle falte ao respecto a ninguén, de falar ben clariño.
O eido da violencia do xénero é un terreno magníficamente abonado para este tipo de situacións as que aludía.
O silencio "prudente" (eufemismo utilizado en lugar de cobarde), o finxir que non se ve, que non se sabe, que non se escoita, son unha constante, sobre todo en certos aspectos del nos que evidencialos é sinónimo de rexeitamento social, hipócrita, a maior parte das veces, pero que está ahí.
E isto é o que pasa cunha faceta da violencia de xénero que prolifera cada vez máis, coa que en Si, hai saída nos atopamos cada vez máis a miudo, que é unha constante nos pasillos dos Xulgados e nas comisarías, e que está a supoñer un aumento máis que notable desta lacra, facéndose notar especialmente entre os máis novos.
Outra cousa é, como xa dixen, que se admita.
Estou a referirme ao alarmante aumento da violencia de xénero entre parellas nas que un dos membros, ou os dous, son de procedencia latina.
Quero que quede moi claro que non me move a dicir isto ningún tipo de escrúpulo xenófobo, nin sinto rexeitamento ningún hacia a nacionalidade ou etnia de ninguén. Todo o contrario.
Pero o que non se pode, se o que se pretende e tentar erradicar a violencia de xénero, e ignorar a realidade.
De todos é sabido que na cultura dos países latinoamericanos o machismo impera ata límites que dan auténtico pavor, pero é algo que a inmensa maioría, homes e mulleres, teñen asumido, e que, malia que son moitas as mulleres que están a loitar para conseguir mudar esta situación, ainda se atopa a anos luz de reconducirse.
Para moitos dos homes destas nacionalidades, a muller é pouco máis que un obxecto ao que utilizan ao seu antoxo, unha máis das súas propiedades, a que lucen, que teñen a obriga de darlles pracer, de lucir bonitas ao seu carón mentras eles o desexen, e que, en non poucos casos, cando chegan os fillos, algo que con frecuencia sucede cando ainda son moi novos, pasan a ser nais e criadas mentras eles continúan coa súa vida de festa, e, por suposto, infidelidades.
A violencia machista adoita ser un elemento máis destas relacións, nas que o rol de obxecto da muller, sometida, sumisa, obrigada a soportar as agresións, está asumido por ambos sexos como algo natural, como o comer ou respirar. É o que toca.
Eles son os "machos", amos e señores, e elas as esclavas, en todolos sentidos, incluído o sexual. Así de claro.
É evidente que en España, e en Galicia en particular, a poboación latina acadou uha presenza máis que notable, que continúa medrando.
Isto está, desde hai xa moito tempo, a traducirse en que, ademais das familias, das parellas, nas que todos os integrantes son latinos, estean a formarse parellas mixtas, algo que se fai notar, sobre todo, nas idades máis novas, en parellas de adolescentes, nas que, ao pouco tempo de iniciarse a relación, non tardan en aparecer os ciumes compulsivos, o control obsesivo, os comentarios e actitudes vexatorias, as chantaxes psicolóxicas e, finalmente, case sempre as agresións físicas, algo que normalmente elas agochan, e acaban por asumir como algo inevitable, que forma parte do amor, e que ser maltratada ou obsesivamente controlada, é sinónimo de estar namorado, de ser querida, non recoñecéndose a rapaza, nestes casos, en ningún momento, como maltratada, se non, malia estar sufrindo, a sentir medo, obxecto dun apaixonado amor.
Son cada vez máis os casos destas características que chegan a Si, hai saída, e que teñen a menores como protagonistas, sendo moi difíciles de tratar, e non estou a referirme soamente ao aspecto legal, se non a anulación tan grande que elas presentan, que lles impide reaccioanar primeiro e deixarse axudar despois, dando dous pasos para atrás cada vez que se avanza un.
Un exemplo ben gráfico do que estou a contar é o argumento que unha destas rapazas, con dezaoito anos naquel momento, con moitas agresións xa enriba e a piques de dar a luz ao seu primeiro fillo, cando tentábamos axudala, facerlle ver que o que ela estaba a vivir non era amor, respondeunos: "As mulleres españolas non sabedes reter aos vosos homes", explicándonos a continuación como ela vía perfectamente normal unha relación na que os golpes e o sexo, consentido ou non, eran os motores, e a súa obriga, a de toda muller, aceptalo e soportalo para tentar evitar que él se fora con outras.
E disto non se fala, agás as agochadas, e case sempre para criticar, nunca para tentar axudar a buscar solucións.
Os centros educativos, os axentes sociais aos que adoitan acudir para solicitar axudas, colectivos…todos deberíamos asumir un problema que está ahí, que é moi real, e comezar a deseñar accións para loitar contra él, para ensinarlles a eses rapaces e rapazas que amar non é danar, que para querer non hai que someterse, que, se che fai dano, non é amor, sexas española, latinoamericana, africana ou china.
Pero, por desgraza, prima máis o medo a que, se alguén se atreve a mencionar este tema sexa tachado de xenófobo, polo que a alternativa é, como tantas outras veces, ante situacións ou problemas incómodos, por moi graves que istos sexan, finxir que non existe.
Se seguen medrando, mala sorte.
Asociación Si, hai saída