Marta Rodríguez Engroba
Atención ás vítimas de violencia de xénero: un traballo vital para o que non se esixe experiencia previa
Permitídeme que vos faga unha pregunta:
Se o voso coche se avería, ese coche que vos é tan necesario, que tal vez compráchedes a base de moitos sacrificios, e que coidades con esmero, deixaríadelo nas mans dun mecánico do que sabedes que estudou numerosos manuais de mecánica, fixo moitos cursos e mesmo ten un taller, pero na súa vida tocou un coche e se viu un motor foi tan só nas fotos?.
Deixariades que vos cortara o pelo un perruqueiro que se empapou dos mellores manuais de estética e perruquería, foi a multitude de cursos, pero na súa vida colleu unha tesoira agás para cortar un fío?.
E poñeríades as vosas vidas ou as de alguén a quen queredes nas mans dun ciruxano que foi a facultade, si, pero que soamente estudou a teoría durante toda a carreira, e que, malia obter brillantes calificacións, xamáis pisou un quirófano, e nin siquera pasou unha consulta?.
Estou segura de que a resposta a todas estas cuestión sería un rotundo e categórico non, e que teredes claro que o contrario sería unha gran temeridade, vamos, de feito, unha tolemia.
Lóxico, eu penso o mesmo.
De nada serve, en case todos os eidos da vida, coñecer moi ben a teoría se a práctica é nula. O fracaso está asegurado, e, desde logo, se nalgún momento se acada un éxito, será de pura casualidade.
Creo que concordaredes comigo.
E todas estas preguntas me levan a plantexar outra cuestión que moitas veces se puxo sobre o tapete, pero a que ninguén deu resposta, ou, polo menos, ningunha resposta convincente.
Por que tantas veces se pon a vida das mulleres vítimas de violencia de xénero, e en xeral todo o que atinxe a esta lacra, nas mans de persoas que saberán moito en canto a teoría, non digo que non, que tal vez teñen moitos títulos, moitas condecoracións, dependendo o eido ao que pertenzan, pero que descoñecen por completo a súa realidade, que nunca antes trataron con elas, que xamáis, previamente, coñeceron a súa problemática, que descoñecen os seus sentimentos, os seus medos, as súas inseguridades, as súas necesidades, e que mesmo non teñen a habilidade e a paciencia precisas e imprescindibles para conseguir, pouquiño a pouco, toda a información posible do seu calvario que faga posible proporcionarlles a protección que precisan e que faciliten que a xustiza actúe sobre o seu maltratador co rigor que compre?.
E máis, en non poucos casos, nin siquera existe unha vocación que lles levara a dedicarse a isto, se non que lles tocou facelo por outra serie de circunstancias, ou, sinxelamente, porque era unha saída laboral coma calquera outra.
Porque non sei, evidentemente, o que pasa na totalidade do resto de España, pero si sei o que sucede en Lugo,a miña cidade, e non deixo de observar o que reflicten os medios de comunicación doutras, e, escoito, así mesmo, as testemuñas dalgúns daqueles que se moven neste eido en diferentes sitios, como tamén coñezo algún dos os criterios frecuentemente empregados para seleccionar as persoas que van tratar as mulleres maltratadas cando deciden pedir axuda.
O primeiro requisito, sobre todo nunha cidade coma a miña, Lugo, na que durante un tempo, bastante breve por certo, se tentou maquillar que seguía sendo, coma sempre, o feudo dunhos cantos, e creo que non erro se me aventuro a asegurar que isto sucede noutras, poida que en máis das que imaxinemos, é que o candidato ou candidata sexa grato para o sistema, e, por suposto, afín a él, de maneira que a ausencia de futuros problemas estea garantida.
Despois, si, despois ven o momento de aportar eses títulos, eses méritos, que facilitan o acceso a ese despacho ou a esa cadeira e que son, ademais, o argumento irrefutable no caso de que alguén teña a ousadía de pedir explicacións ao respecto ou de cuestionar esa designación, pero que demasiado a míudo, non son para nada sinónimo de coñecemento real da problemática tan grave que están a tratar, non valorando correctamente, porén, factores tan importantes como o risco que corre a vítima.
Outro tanto sucede cando se trata de impartir charlas, formación, etc, etc, poñéndoas moitas veces nas mans de persoas ou colectivos, con moita sona, política e socialmente interesantes, si, pero con moi pouco traballo de campo neste eido, o cal non é preciso dicir, implica un grave risco polas mensaxes que poden chegar a transmitir, principalmente cando estes van dirixidos aos máis xóvenes.
Isto da unha idea non soamente do sistema que rixe en moitos sitios, se non da importancia real que se lle da a violencia de xénero, sendo a demostración máis que palpable de que, máis que loitar contra ela, de tentar erradicala, o que se fai é utilizala, e, por suposto, a quen a sufre, como ferramentas para progresar social, profesional e políticamente.
O máis desalentador é que pasan os anos, e isto non soamente non mellora, se non que imos claramente hacia atrás sendo, coma sempre, as vítimas as máis perxudicadas, as grandes esquecidas e as máis utilizadas, ademais do caldo de cultivo perfecto para que a violencia machista continúe medrando e asentándose cada vez máis sólidamente na nosa sociedade.
Non podo nin quero rematar sen deixar claro o recoñecemento, tanto a título persoal como desde Si, hai saída, o colectivo do que formo parte, o noso inmenso respecto e agradecemento hacia moitos profesionais, que o son de feito e de sentimento, que existen, por suposto, e aos que tamén perxudica na súa labor ese, imos dicir "peculiar" criterio de selección.
Francamente, a estas alturas, xa comezo a dubidar que isto se poida arranxar algún día.
O dixen moitas veces, e non podo deixar de mantelo: Os intereses mandan, e, ante isto, pouco ou nada se pode facer.
Asociación Si, hai saída