Manuel Pazos
O PSOE de Marín considera que a renuncia de María Ramallo ao cargo de deputada era inevitable
Cando María Ramallo foi escollida deputada nacional en novembro de 2019 xa indicamos dende o PSOE de Marín que sería difícilmente compatible ese posto co que xa obstentaba nese momento de alcaldesa de Marín durante unha lexislatura completa.
De feito a propia Sra. Ramallo xa o recoñecía implícitamente nese momento cando afirmaba que "no me implicaré más de lo necesario" ou que "ser alcaldesa requiere una ocupación plena y absoluta", o que xa indicaba ás claras que difícilmente podería adicarse a dous postos de tanta responsabilidade.
Polo tanto dende o PSOE de Marín vemos que a renuncia ao cargo de deputada era a única opción válida e con esta renuncia ven dándonos a razón en que non é posible atender como é debido o cargo de alcaldesa e do de deputada.
Non compartimos sen embargo os motivos que aduce para tal renuncia e que xustifica na situación da pandemia. E non o compartimos por dous motivos. O primeiro porque de ser esto certo, o que está é recoñecendo que durante estos 10 meses de pandemia non estivo plenamente adicada á xestión da pandemia, tal e como pretende facer agora. E o segundo, porque se a xestión da pandemia fora o motivo, houbera renunciado en abril ou maio de 2020, no momento máis crítico da mesma e cando xa se sabía que a situación se iba alongar durante moitos meses.
Pensamos ademáis que todo o tempo que estivo adicada ao cargo de deputada o perdeu para adicarllo a Marín naqueles temas menos visibles, nos estructurais, nos que non saen na prensa pero son sen dúbida de grande importancia para o futuro. Temas todos eles aos que este goberno local sempre lle adicou pouco tempo.