Tribuna Viva
Historia de José Celso Doval Barbeito
GALICIA ESPAÑA (siglo XX) PENAL DÉ SAN SIMÓN, Y GUERRA CIVIL DE 1936. HISTORIA DE JOSE CELSO DOVAL BARBEITO
José Celso Doval Barbeito Naceu na parroquia de Santa María de Tourón, municipio de Ponte Caldelas, alá polo ano 1911. Era neto dunha familia que veu para Tourón desde Abegondo A Coruña, mandados chamar por unha familia fidalga propietaria de casas solariegas e grandes territorios de labranza no Sur de Galicia, parece ser que tiñan "título nobiliario equivalente a Marqueses". O caso foi que estes Marqueses ofreceronlle os avós de José Celso Doval, residir traballar e vivir nunha casa en Tourón chamada <<O Pombal>>, unha casa Solariega semellaante a un Castelo medieval de grandes dimensións cun grande e enorme terreo para que o traballaran e levaran todo aquelo coma caseiros, (contrato de aparcería). A estes avós de José Celso nese castelo naceulle unha filla que foi a nai de Celso, a que lle puxeron de nome Sofía, na honra dunha das donas do Pombal, chamada D. Sofia, e ademais tamén lle foi a madriña da pia bautismal. Co tempo, os avós de José Celso adquiriron e fixéronse cunha propiedade, unha casa con terreo fronte do portón principal do Pombal e pasaron desa forma a morar entre a nova casa e o Castelo e seguiron levando e traballando todo aquel enorme territorio do Pombal e outras propiedades que tamén tiñan en Caldelas, en Fornelos, e no Ribeiro, os tales Marqueses...
Na nova casa fronte do Castelo foi onde naceu José Celso Doval Barbeito, o noso protagonista, alí criouse, alí pasou toda a súa infancia e a súa xuventude, entre aquela casa e o castelo e todo aquel territorio do Pombal, e entre outros moitos lugares de Tourón e a comarca, pois xa de rapaz ía traballar e arrincar pedra nas canteiras cun tío avó, carretaban as pastas e os propiaños de pedra, en carros de bois, por moitos lugares da comarca e provincia, e no tempo libre tamén percorría coa escopeta e o seu can moito territorio cazando. Gustáballe moito ir de caza ao coello, perdiz, lebre e algunha vez tamén ao lobo e outras pezas de caza. Celso aínda contra o final da súa vida contaba aquelas historias de caza, e de cazadores con grande interese e emoción ao que as xentes escoitaban con sumo respecto e con moita atención.
Así, traballando nos labores agrícolas e de canteiro foi como sobreasaí xa desde rapaz labrando e esculpindo bastantes esculturas feitas polas súas mans e outras con a súa intervención xunto co seu tío avó como, por exemplo, a reparación do monumento do San Ramón en Tourón sobre o ano de 1927. A maioria dos traballos de escultura de José Celso Doval Barbeito, están sen a inscrición de autor, por Tourón, comarca de Caldelas e provincia de Pontevedra, aínda que algo tamén fixo para as provincias de Ourense e da de Lugo. A día de hoxe é moi fácil de ver no palco da música en Tourón unha << ¡ L i r a ! >> labrada e esculpida nunha pedra por José Celso Doval Barbeito cunha inscrición que di "voluntarios de Tourón y de Buchabad" referindo que participaron na construción do palco voluntarios de Tourón y Buchabad. Pero o da ¡Lira! soamente foi idea e labor de Celso. Contaba Celso que un día vindo do monte co Carro cos bois viu a pedra Montouna no carro e púxose a esculpir e gravar a Lira e el mesmo alí a colocou e alí a día de hoxe está, ademais protexida por patrimonio monumental da Deputación de Pontevedra...
Tamén, aparte de canteiro, "nun determinado tempo" traballou algo de ferreiro naquela casa onde el nacera no lugar de Acosta fronte do Pombal en Tourón. Alí tiña dúas fraguas onde moldeaba e traballaba o ferro, e tamén noutro "tempo determinado" tivo unha carpintería de Madeira en Tourón, onde a súa especialidade era a de fabricar carros de bois e de cabalos, aínda que tamén colocaba armazóns nos tellados, pisos, portas e contras de madeira nas casas.
A mocidade de José Celso Doval Barbeito transcorría sen grandes problemas nin sobreasaltos, pero coma noutros sitios de toda España comezaron a aparecer tamén negros nubarróns no horizonte do ceo de Tourón e comenzaron os tempos difíciles, a sublevación militar contra a República, o comezo da guerra civil do ano de 1936.
A José Celso Doval Barbeito vírono os falanxistas por Caldelas o día da feira e alí mesmo no campo da feira (hoxe, alameda de Ponte Caldelas) tratando a venda de dúas vacas que levara a vender e que non se poñían de acordo no prezo por culpa dos traquillóns (tratantes). Alí mesmo o detiveron e xa de inmediato o meteron preso no cárcere de Ponte Caldelas. Recordáronlle e acusárono a pesar de que xa facía bastante tempo atrás de ir con outros mozos a meterlle un folleto do sindicato U.X.T. no buzón a un cacique de Caldelas; e de ir entre varios a falar cuns canteiros que estaban traballando nunhas obras na comarca de Caldelas sobre un acordo para mellorar os salarios dos obreiros da construción. Tamén de ir ao Concello de Lavadores* a escoitar un mitin de Dolores Ibarruri (A Pasionaria) no municipio de Lavadores*, hoxe absorbido e integrado no de Vigo.
No cárcere de Ponte Caldelas tivérono preso xunto con Alexandre Bóveda onde conversaron e entablaron unha grande amizade. Falaba e dicía Celso que Bóveda era unha moi boa persoa e un grande intelectual. A Alexandre Bóveda levárono do cárcere de Caldelas para a cidade de Pontevedra e fusilárono pola zona da Caeira.
A Celso tamén o levaron do cárcere de Ponte Caldelas e metérono no penal da illa de San Simón tamén chamado o Lazareto na ensenada de Redondela. Alí no Lazareto estaba Adrio Barreiro. Tamén conversaron e fixeron unha grande amizade. Explicaba moitas veces Celso que cando podían falaban e escribían algo de poesia e que contaban os días e as noites e as badaladas do reloxo do presidio desde o día que chegaron alí...
A Adrio Barreiro, como a Bóveda, tamén o fusilaron.
Pero alí, naquela prisión, dicía e explicaba moitas veces Celso que o Lazareto era un inferno. Viu como dous presos se tiraron ao mar para fuxir, disparáronos e a un matárono mentres nadaba, e o outro conseguíu chegar á beira da praia de Cesantes, pero xa o estaban agardando. Dicía Celso que o que sacaban da cela ou da illa xamais regresaba. Tamén falaba Celso de que aqueles gardas eran uns verdugos maltratadores que os humíllaban, maltratábanos, dábanlles golpes, non durmían, non eran capaces. Aquelo era un terror, martirizábanos, recordaba Celso con semblante de tristeza máis que con rancor, que lle daban golpes coas culatas dos fusiles nos pés descalzos.
Aquelas noites eran de medo e de completo terror que ao oír abrir o cerroxo das celas dalgus compañeiros xa pensaban "agora tócame a min, agora van abrir o cerroxo e a porta desta cela". Estaban con medo sempre escoitando por se oían abrir o cerroxo e que, polas mañas, ao deixalos saír nin se coñecían ata que transcorría un bo pedazo de tempo.
A Jose Celso Doval Barbeito visitouno algunha vez no Lazareto baixo autorización e con moita vixilancia a súa nai Sofía e a súa esposa Lucila, entre elas que se moveron, e os donos do Pombal e algunas amizades, sobre todo, familiares daquela casa Castelo en Tourón intercederon por el e deixárono libre.
Libre daquela prisión, esperábao de novo volver a padecer e sufrir... Chamárono a filas os que o meteran preso, os que non eran das súas ideas, os sublevados, os que loitaban contra a República, contra o goberno legalmente elixido polo pobo de España, víuse obrigado e tivo que ir forzado e loitar no frente por Francisco Franco Bahamonde por aqueles, os seus verdugos. Celso falaba con amargura e repetía que non lle quedou outra, ademais o mandaron directamente a combater nas trincheiras... Estivo nos frentes de Castela e de Asturias.
Segundo Celso contaba, o seu batallón sempre o mandaron loitar como forza de choque en terreo desfavorable, sabendo que ían ser completamente aniquilados e masacrados, como así el dicía e falaba de que efectivamente sucedia. Mandáronos a morrer sen contemplacións, a propósito e adrede. Contaba Celso nun daqueles combates que oía asubiar as balas ao seu carón pero todos corrian colina para abaixo e que chegou onde un Regueiro (Riachuelo) e encontrou outro soldado de fronte, alzaron os dous os mosquetóns e íanse disparar polo fragor da batalla. Nin se deron conta que eran da misma compañía. Celso dicia que empezaron a falar galego, Celso falando en galego da costa Atlántica... e o outro falando galego da Galicia interior (aquel soldado era da provincia de Ourense).
Contaba e falaba Celso que moitos casos como o que lle sucedeu a eles se daban moitas veces durante os combates e, sobre todo, cando eran a baioneta, ou tamén a baioneta calada, que non se distinguían nin se coñecían e, coma neste caso, os dous da mesma compañía. Tamen falaba Celso que se daban casos de loitar durante os combates irmáns contra irmáns, veciños contra veciños, naquela guerra fraticida.
Contaba Celso que aquel home de Ourense lle dixo de seguir camiñando pola beira do regueiro abaixo. Non podían regresar porque colina arriba estaba chea de cadáveres e ademais desa forma ían ser acribillados e se conseguian chegar ían ser humillados e pode que fusilados por non morrer coma os outros que para iso era pero que os mandaron a aquel sitio. Dicía Celso que falaron e acordaron quedarse dous ou tres días por alí e despois aparecer. Así o fixeron e pasados dous días buscaron a sua compañía e ao presentarse dixeron que se desorientaran que se perderan e ata vítores lles deron. Celso rematou a guerra sendo soldado de primeira, pero con aquela amargura de ter que ir a loitar a favor dos seus verdugos e en contra dos seus ideais.
José Antonio R. D.
06/01/2021
(Esta historia está baseada nun feito real. Se alguén desexa máis ampla información, pode dirixirse a Tourón, a Vila de Ponte Caldelas e municipio; alí viven familiares e veciños que recordan a José Celso Doval Barbeito).