Marta Rodríguez Engroba
Que sabendo, caledes, é grave; que pretendades converternos en cómplices, ademais de ilóxico, non ten perdón
En Si, hai saída rematamos o 2020 e comezamos o 2021 coa constatación da mesma e desesperante realidade:
Que a situación, no que atinxe a violencia de xénero, e que non podía cualificarse máis que de grave, está a transformarse, rápida e firmemente, en desesperada.
Como xa dixemos en reiteradas ocasión ao longo destes durísimos meses, a pandemia relegou un delito que xa é, en condicións normáis, o último da fila, a condición de prácticamente esquecido, agás aquelas ocasións nas que interesa sacalo a relucir.
O sufrimento e a desprotección que moitas mulleres e os seus fillos están a sufrir, incrementados en moitos casos polos períodos de illamento co agresor impostos pola situación de emerxencia sanitaria acada xa límites máis que alarmantes, por máis que se maquille a realidade.
E, por se isto non abondara, hai un elemento case sempre presente nestas tráxicas historias, que, ademais de non mudar, medra e medra, ao que xa nos referimos en moitas ocasións e que, no noso caso, no de Si, hai saída, dado o enorme perxuizo e mesmo risco que está a provocar, nos levou a estar estudando a posibilidade de adoptar certas medidas legais para tentar poñerlle, polo menos, un certo freo.
Estou a referirme as persoas cercanas as vítimas, familiares, amigos (¿), compañeiros de traballo, veciños, etc, etc, que sendo coñecedores da situación de malos tratos que están a vivir, e do perigo que corren, optan por calar, finxir que non pasa nada, e a outra cousa, mesmo naqueles casos nos que algún deles é testemuña dalgún episodio violento.
E tamén nesto, como noutros aspectos de todo o relacionado coa violencia de xénero, hai unha especie de patrón de conducta ou folla de ruta que todos eles seguen fielmente.
Inicialmente, como xa dixen, calan, ata que, nalgúns casos, un día a agresión acada límites ainda máis graves do habitual, tanto, que finxir que non se escoita ou que ninguén se decata, non é unha opción, polo que, milagrosamente, alguén, ou mesmo a propia vítima, chaman a policía.
Desde ese momento no que o mecanismo policial e xudicial se activa, con todo o que isto implica, a cousa ainda se complica máis.
Chega o momento da declaración da vítima, as súas dúbidas, o seu medo ante as posibles represalias do seu agresor, ante a incerteza do seu futuro, do dos seus fillos, a non ter a protección que precisa… un proceso duro, longo, e, si, moitas veces desesperante e cunha resposta que non corresponde a gravedade real da situación.
E é nesta etapa, na que a vítima tal vez non estea a ser protexida como debera, na que as medidas adoptadas non abondan, na que tal vez non se sentiros cridas, apoiadas e comezan a dubidar de ter tomado a decisión correcta, na que sufren por unhos fillos que deben deixar marchar cando a xustiza llo di co seu maltratador, cando, de súpeto, milagre!!!!, aparecen todos eses "satélites" que rodeaban a vítima, pero, que, curiosamente, non se decataban de nada, e que agora asesoran, aconsellan, critican….o que faga falta!, porque eles de todo saben, todo o entenden, e, efectivamente, en moitas ocasións confirman esa desprotección e suposta mala atención da que a vítima afirma ter sido obxecto, pero da que non ousa queixarse baixo ningún concepto, porque, evidentemente, bastante ten co que ten, pero ollo, todo isto entre bambalinas, ou, dito máis claramente, agochados, sen dar a cara nin aportar unha testemuña que podería ser fundamental para a adopción dunhas medidas que, se ben tal vez non o eliminaran, se poderían reducir considerablemente o risco que a muller corre.
É entón cando istos "bos samaritanos" acuden a algún colectivo, como é o noso, Si, hai saída, na procura, ou mellor dito, esixindo, unha solución rápida, efectiva, acorde cos seus desexos e a súa infinita sabiduría, obviando o feito de que ignoraron o calvario desa muller, desos nenos, as veces durante anos.
Instannos a enfrontarnos coa policía, co xuiz, ou con quen eles consideren oportuno, alegando unhos motivos que, efectivamente, en moitas ocasións son de peso, e, por suposto, reales, pero, ollo!, na escuridade, dándonos instruccións precisas de non mencionalos, de presentar as queixas, reclamacións, ou mesmo denuncias como unha iniciativa tomada única e exclusivamente polo colectivo, sen a súa testemuña, fundamental para avalala, e sen outro argumento que as sustente máis que o dicimos nos, así, sen máis.
Outro tanto ocorre cando se produce, por exemplo, un quebrantamento dunha orde de afastamento por parte do agresor, unhas ameazas…calquera novo episodio susceptible de ser denunciado, algo ao que eles non están dispostos, mesmo se quen está en perigo é alguén que lles toca moi de preto.
Eso si, se a solución acadada, se é que se acada algunha, non é a que eles desexan, non dubidan en culpar ao colectivo, e deixar, unha vez máis, a súa conciencia, ou o que sexa que teñen no seu sitio, limpo coma unha patena.
Por isto, unha vez máis, lles lembramos que, tal vez haberá por ahí case de todo, pode ser, pero Si, hai saída non somos os voceiros daqueles que, sabendo, calan, nin moito menos unha alternativa a lei ou a xustiza.
Todo o contrario. Loitamos para que se cumplan e a nosa norma de conducta é a interactuación.
Non é, porén, de recibo que se acuda a nos buscando un plan alternativo, e menos ainda que se pretenda convertirnos en cómplices dun silencio que é un maltrato tanto ou máis grave que o inflixido polo autor material e constitutivo tamén, por certo, por se alguén se esquece, de delito.
Asociación Si, hai saída