Tribuna Viva
Resposta do CSIF ás declaracións do deputado Carlos López Font
A Central Sindical Independiente e de Funcionarios na Provincia de Pontevedra (CSIF), trala nota aparecida nos medios de comunicación o 20 de novembro de 2020 na que o SR. Font Deputado de réxime interior, economía e facenda da Deputación Provincial no que ameaza a representantes de CCOO e responsables do sindicato en Pontevedra, queremos expresar o noso total apoio, tanto a él como ao sindicato CCOO así como a todos os traballadores e traballadoras da Deputación Provincial.
O Sr Font non pode ameazar a un representante sindical por facer uso do seu dereito a manifestarse e a expresar a súas opinións. (Dende CSIF xa temos experiencia dado que nas reunións as que asistimos o Sr Deputado trata de non concedernos a nosa quenda para poder expresar as opinións sobre os temas que se están a tratar, ninguneándonos reiteradamente dito dereito).
Tamén queremos dicir que si hai “trapos sucios” que sacar que se saquen, pero temos que recordar que durante moitos anos a única representación que había na Deputación era a de CCOO, e este sindicato terá que ser coñecedor desas ilegalidades, desigualdades o discriminacións que denuncia o Sr. Font, de existir, claro esta.
O que si temos claro dende CSIF e que dende que o PSOE e o BNG presiden a deputación provincial ten sido ata o de agora o período con más amortizacións de postos de empregados públicos para reconvertelos en postos de libre designación para favorecer aos amigos e amigas de ambos partidos. E entre outra cosas a implantación que se quere facer do sistema TROPOS, persigue o mesmo saltándose a torera o establecido na diferente normativa establecida tanto no TREBEP como na Lei de Empleo Público de Galicia, e que CSIF denunciará sé se e incumpre.
Por último , pedir ao SR. Font que, o lle da publicidade aos listados dos que falou ou senón que pida desculpas públicas a representación sindical en xeral e a CCOO en particular.
Lle recordamos tamén que grazas a política de persoal que se quere implantar na Deputación como se ven facendo no concello de Vigo e outros concellos, deixando postos vacantes sen cubrir para privatizar servicios o que conseguiran e que todas as organizacións sindicais se unan en contra de ditas políticas, tal e como ten sucedido nas derradeiras semans no concello de Vigo
Asdo. Jerónimo Fernández Vicente, presidente provincial da Central Sindical Independiente e de Funcionarios na Provincia de Pontevedra (CSIF)