Pedro De Lorenzo y Macías
Os contos do avó. Episodio sexto.
Setembro suave e traidor.... O día era precioso, o ceo libre, limpo, sen algodón. O sol pacífico, gracioso, relaxado. Sonan as gaitas e petardean o ceo. Todo é presa, ledicia. A xente diríxese a Amil, a dar gracias a Virxen dos Milagres polos seus favores, o a pedilos.
O Avó coñece atallos. Subimos o outeiro, serpeamo-lo monte. No cume......, un cruceiro. O Avó séntase á sombra dun piñeiro, respira o seu alento, o seu candor. Queda pensativo....; o seu mirar fíxase no cruceiro.
- ¡Avó...!
- Uns cruceiros testemuñan crime e asasinatos..., outros camiño á Ermida, ó Santuario. Na Guerra Civil houbo moitas mortes innecesarias. Moitos tiveron que exilarse. Así os Galeguistas fóronse ás Américas: Castelao, Blanco Amor, Luis Seoane.., e outros moitos; converte a Bos Aires no centro da cultura galega.
- Avó, na tua voz hai tristura.
- Si, bonitiña. Desde o ano 36 houbo un retroceso na nosa cultura, no noso celtismo. Gracias a héroes no exilio, e outros na clandestinidade, púdose salva-la obra de tantos poetas, literatos, artistas galegos.
- Fuches amigo de Rei Soto?.
- Si. O pobo no o coñece. Foi crego e socio na Academia Galega. Tivo que fuxir ó exilio. Recoperou moitas obras galegas e escribiú preciosas obras. Gústame moito A Loba”. Volta a España, retirouse ó Mosteiro de Poio. Donoulles todo seu patrimonio literario. Morreu e está sotorrado no claustro principal. Algún día levareiche a ve-la súa tumba e a súa obra: moitos libros escritos en galego, del e doutros poetas.
- O Mosteiro de Poio é moi bonito e grande. Estiven cos meus pais. Cantábase a Salve...¡É precioso!. Tamén vin a tumba de Santa Trasmunda, que é moi peculiar.
- Si algún dia podes, miña rula, fai que o mundo coñeza a Rei Soto, uns dos mellores galeguistas e poetas. Tes toda a información en Poio.
O avó levántouse serio; colleu o seu caxato, e a pasiño lento, reanuda o camiño.
A xente, festiva, saúda. Uns van descalzos por ofrenda: na súa face hai dor mesturado con ledicia. Comenzamos a baixa-lo monte. Alá, o lonxe, están os Milagres. Vense moitas persoas miudas e agrupadas. O val estaba enchido de carruseis, de postos de venda: Mouros vendendo coiros, pulseiras..; mulleres que ofrendaban rosquillas..¡Moito barullo e empuxóns!
O Avó tómase un viño e polbo..., enrólase cos seus amigos, antergos militantes, antergos camaradas, noutros tempos.
Entro no templo. Moita xente quere bicar o manto da Virxen. Eu.., quédome soa, atrás, sen que ninguen me vexa. De seonllos, prego a Maria: “Non se morra meu avó, non me deixes soa”.
De volta O Avó falóume que no ano 78 chegou a libertade para tódolos pobos. Agora Galiza ten unha autonomía, unha Xunta, un Parlamento. O Galego ten seu auxe, fálase e estúdiase desde pequenos.
- Avó..., ¡Estás triste?.
- Xa.
- ¿Qué pasa?
- Temos libertade e non a respetamos; abusamos dela: méntese, roubase, comerciase con todo.. Non respetan o emprego. Esto levará a outra catástrofe.
- Avó, botiniño, eu quérote.
- Eso é o único que me fai feliz.
FINALIZOU.
Autores: Pedro de Lorenzo y Macías e Luisa Irene Lorenzo Marín.