Xesús López Fernández
A curva da morte
O 24 de Xullo entrabame un correo electrónico, unha oración do padre Paco Castro, superior dos franciscánsde Santiago, que decía:
"Hoy mi ciudad del alma llora con el corazón roto, como una madre sin consuelo, y los pasos de los peregrinos de la tierra serán un canto de esperanza en comunión con los nuevos peregrinos de la Eternidad.
Desde San Francisco, en el corazón de Compostela, hoy sentimos como nuestros los sufrimientos de las víctimas de esta catástrofe y de sus familiares y amigos.
Hemos llevado mantas para los familiares de las víctimas y he ofrecido mi sangre. Ojalá pudiéramos hacer más, mucho más.
En breves horas celebraré la Eucaristía en el día de Santiago, y pediré al Resucitado que acoja en su hogar a quienes de esta manera, tristemente, amanecen a la luz de la Eternidad."
O día 25 recibía unha chamada telefónica dunha rapaciña que estivo vivindo no meu lar cousa dun ano. Estaban preocupados na casa porque non sabían do seu tío, sacerdote, vicario na parroquia de Santa Teresa do Neno Xesús, en Colmenar Viejo, home querido e sacrificado, unha verdadeira institución. E mandeille un correo ó meu amigo Paco Castro, por si él podía ter acceso a unha información veraz. O sacerdote, José María (Chema) Romeral Escribano, resultou ser conocido do Padre Paco, que me contestou:
"Paz e Ben, Xesús:
Acabo de enterarme, e parece ser que está entre os falecidos. Coñecíao, coincidimos hai anos en Colmenar Viejo cando ía predicar alí a Novena da Virxe, en agosto. Parece ser que viña estar cun amigo xesuíta.
Síntoo, de corazón. ¡Qué tristura! Acollámonos á fe e que Chema pregue por nós cara ó Pai do Ceo.
En todo caso, Xesús, hai un teléfono de información para os familiares, para poder confirmar a veracidade. Cóntoche o que me contaron (son novas que me chegan de Madrid). Nos medios de comunicación publicouse un número de teléfono (mira por exemplo na Voz de Galicia). Saúdos."
Cando xa todo é dolor, cando se contan case oitenta mortos, parece anecdótico cargarlle as culpas ó maquinista, ó que os seus compañeiros definen como prudente á par que sinalan os fallos da traza viaria. Xa os técnicos denunciaran esa curva maldita cun radio de 500 metros, como agora citan que o tren viaxaba sen o sistema de control ERTMS actividado, que tería evitado o accidente. O director da Renfe dí que non é o accidente dunha vía de alta velocidade e que o maquinista tería que ter freado catro kilómetros antes. Pero a vía sí é de alta velocidade aínda que non estivese operativa. ¿Cánto habería que ter invertido pra rectifica-la curva da morte?. A resposta carece xa de sentido prós que se foron, pero El Mundo d´hoxe denuncia que a circulación do tren é consecuencia de decisiós políticas, nunca técnicas.
Esperemos que a Xusticia entre neste asunto sen piedade, que tal parece que a cousa non queda aclarada pola simple actuación de maquinista. Outro medio citaba o feito do "efecto acordeón", por seren máis pesados os elementos extremos do tren, as máquinas, que non os vagós e que a propia inercia da máquina de cola puido ser causa da multiplicación da traxedia. En fin, que non abonda con culpar ó maquinista. Hai outros factores. Certo.
28.07.2013