Marta Rodríguez Engroba
Din que asistencia e protección ás vítimas de violencia de xénero melloran... por que non lles preguntan a elas?
Que a asistencia e a protección as vítimas de violencia de xénero non melloraron, nin de lonxe, como nos están a vender é unha triste realidade, como tamén o é o feito de que este delito, considerado sempre secundario, acadou xa, a estas alturas ,a categoría de ser case invisible.
Chegamos a un punto de tal degradación, porque entendo que non se lle pode chamar doutro xeito, que ten máis repercusión a noticia de que Pablo Iglesias se fixo un moño que a de tres brutais episodios de violencia machista acontecidos en apenas tres días a semana pasada na que unha muller foi acoitelada polo seu marido diante dos seus fillos menores, resultando gravemente ferida, outra foi secuestrada retida durante tres días pola súa ex parella, e unha terceira, unha ancián de 83 anos foi asasinada dun golpe na cabeza presuntamente polo seu marido.
Apenas se falou de ningunha delas, e a repercusión mediática foi case nula, porque nesta sociedade nosa, desde hai xa un tempo, todo o que non se faga viral, ou non se arranxe a golpe de "like" ou de pancarta nos días D, sinxelamente non existe....e menos si é verán, que hai que ter un chisquiño de consideración e non deixar que te maltratan ou te maten cando a xente colle vacacións!.
Non teño verbas para describir o que estamos a vivir en Si, hai saída nestes últimos meses, nos que recibimos cada vez a máis mulleres, deixando patente o evidente repunte da violencia machista que se está a dar, e a tremenda soedade, a indefensión e a desprotección coa que se dan de bruzos cando deciden pedir axuda, social e institucionalmente.
Críamos, eso si, que no que a isto atinxe, xa o viramos case todo, pero non, ainda non, e o que nos relatou hai un par de días unha muller que se achegou a nos por primeira vez xa foi a rotunda confirmación de que é certo, ademais de que as cousas sempre poden ir a peor, de algo que sempre afirmamos e que a moi poucos, que se dan por aludidos, lles gusta escoitar: Que en violencia de xénero, na atención as vítimas, formación e humanidade non teñen nada que ver, e non sempre, por desgraza, van unidas. De feito, a inmensa maioría das veces non o fan.
Esta muller a que aludín, estaba a ser vítima de malos tratos desde había moito tempo, e, finalmente, hai unhos días, unha violenta agresión lle fixo decidir que xa abondaba.
Despois de pasar polo hospital, e co correspondente parte de lesións, acudiu a comisaría a denunciar a súa ex parella.
Alí foi informada, como procede, de que tiña dereito a asistencia legal, que ela aceptou, polo que foi requerida, mediante unha chamada telefónica do policía que lle estaba a tomar declaración, a presenza do primeiro avogado que aparecía na lista do turno de oficio de violencia de xénero dese día.
Quero deixar moi claro, como xa o fixen outras veces, o meu profundo respecto polo colectivo dos avogados, ao que teño, ademais, un especial afecto, entre outra cousas porque a maioría dos compañeiros de Si, hai saída forman parte del, e sempre dixen e direi que é para min un verdadeiro luxo contar coa súa colaboración e o seu apoio, e o feito do seu traballo altruista na asociación deixa máis que clara a súa implicación e concienciación coa loita contra a violencia de xénero.
Sinto por eles, ademais dun inmenso respecto, un gran afecto, máis isto non me impide ver a realidade, e todos sabemos que, as veces, cando se da unha situación como a que acabo de describir, a atención non é a que sería de desexar.
Pois ben, cando o policía fixo esa chamada para solicitar a asistencia do letrado, e despois de numerosos intentos para que lle collera o teléfono, cando por fin respondeu e a aceptou, non se dignou a aparecer pola comisaría, "asistindo" a vítima por teléfono!.
Tentade poñervos por un momento na pel desa muller.
Atemorizada, desorientada, dolorida polos golpes, avergonzada.....Acude soa a comisaría. Nunca se viu nunha situación semellante, e o único reforzo emocional, ademais, evidentemente de legal, co que podía contar, non aparece por parte ningunha, para prestarlle, polo menos, independentemente de asesoramento legal, un mínimo de apoio.
Pero o máis curioso, e o que máis me da que pensar é que, evidentemente, descoñezo os motivos que alegou para actuar dun xeito que se pode cualificar de calquera cousa agás de ético, pero, foran os que foran, a miña pregunta é, por qué o policía, sabendo que ese letrado non ía acudir, non chamou ao seguinte da lista, como debería ter feito?
Porque. Obviamente, o letrado de marras, cobrará a asistencia que prácticamente non fixo, polo que intúo que, unha vez máis, funcionou aquelo de "os amigos dos meus amigos son os meus amigos".
Esta muller choraba onte contándonos o soa, o desprotexida, que se sentira, contandolle a agresión, a aldraxe, que sufrira, a un teléfono.
Hai que ser moi pouco humano para actuar dun xeito tan miserable!.
Pero non remata ahí a cousa. Tampouco ao día seguinte se presentou no Xulgado, deixándoa, unha vez máis, totalmente soa, alegando posteriormente que o fixera telemáticamente, pero que ela non se decatara.
Nunca, a partir dese momento, lle colleu o teléfono, e, cando no xuizo, o xuiz lle preguntou por qué non aportara unhas fotos que probaban as lesíóns, ela contestou que llas enviara vía whatsapp ao seu avogado, comprobando posteriormente que nunca abrira tales whatsapp.
Non teño palabras para describir unha actuación tan miserable, e unha vez máis non podo máis que poñer en tela de xuizo un sistema que permite este tipo de comportamentos, porque neste caso é máis que evidente a conivencia do policía.
Estas son as melloras das que tanto falan os políticos?
Qué clase de sistema é este que nos dí que hai que animar as vítimas de violencia de xénero a denunciar, pero que consinte que desaprensivos como o que acabo de describir teñan nas súas mans as vidas destas mulleres?
E isto non é o peor. O peor é que, si se fai o correcto, que é denunciar o irregular comportamento do avogado en cuestión, non soamente perderá a vítima, se non tamén os que tentamos axudala, atopándonos cada día con máis portas pechadas e con máis atrancos para facer o noso traballo, porque non compartir o silencio cómplice é algo que non se perdoa.
A isto lle chaman melloras?
Alguén se molestou en preguntarlles as vítimas qué opinan, como se sinten.
Evidentemente non, porque, unha vez máis teño que repetir aquello de que "do que non se fala, non existe", como tamén, por enésima vez, volvo a dicir, pobre da que lle toca!.
Asociación Si, hai saída