Tribuna Viva
Somos Sanxenxo pide a reforma constitucional
Somos Sanxenxo considera esgotado o modelo de Estado actual, e chama á cidadanía para que demande a reforma da Constitución e a convocatoria dun referendo sobre a forma de Estado.
Tras as declaracións do Sr. Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo, dende Somos Sanxenxo queremos lembrarlle que o concello non é da súa propiedade senon de todas as veciñas e veciños, así que agradeceriamos que falase a título persoal cando loa a un presunto monarca corrupto, pois claro está que non foi a vida privada do Emérito o que o levou a "fuxir" senon as súas contas en diversos paraísos fiscais, sendo un claro exemplo de evasión de impostos de quen dí que tanto ben quere para o seu país. Tampouco nos sorprende esta defensa dalguén que ainda ten pendente cumprir unha sentencia de derribo parcial dun edificio que fixo no seu día unha constructora que dirixía, e tantas outras cuestións que rozan a ilegalidade neste concello e fóra del, existindo fallos condenatorios por casos como o das sobrevaloracións das vivendas de protección oficial de Navia, e a apropiación indebida dun terreo en Pontevedra. Visto está que algúns dirixentes políticos prefiren ser como señores feudais que rinden pleitesía ao seu Señor, pois eles mesmos fan o propio cos seus conveciños e conveciñas tratándoas como súbditos do seu feudo particular.
Somos Sanxenxo, como organización política formada por persoas comprometidas cos principios democráticos de xusticia, igualdade e solidaridade; manifestamos a nosa repulsa a un modelo de estado xa caduco no que se impón unha monarquía herdeira da ditadura de Franco, que, ademáis supón ter que comulgar con que unha persoa vale máis e está por riba dos demáis, otorgándolle un trato privilexiado (en contra do que dí o propio Tratado de Roma e a Constitución no seu art. 14) só polo mero feito de ser descendente de quen é. Unha forma de Estado que non foi elexida polo pobo senon metida a calzador nunha mal chamada transición democrática na que seguiron conservándose vicios do anterior sistema.
Polo que, facemos un chamamento a todas as forzas municipais de Sanxenxo a impulsar unha reforma da Constitución e a convocatoria dun referendo sobre a forma de Estado, utilizando todos os mecanismos democráticos e pacíficos que prevé a Constitución Española.
Mary Camiña
Voceira de Somos Sanxenxo