Tribuna Viva
Os efectos do catastrazo en Cotobade
No ano 2014 nun Pleno do antigo Concello de Cotobade o Partido Popular aprobaba cos votos en contra dos/as concelleiros/as socialistas unha actualización das pronencias dos valores catastrais, o que posteriormente suporía unha subida do IBI.
Naquel momento, o Grupo Socialista entendía que esta subida na contribución era desmesurada, xa que se equiparaba o noso concello con outros de gran influencia turística ou industrial, ou mesmo coas cidades. O incremento non era proporcional á dotación de servizos: alcantarillado, traídas de augas, servizos de telefonía e internet, recollida do lixo…
A subida afectou á chamada “contribución urbana”, solares edificables, e tamén ás áreas tolerancia, que ata entón estaban practicamente exentas do imposto nun ratio de 40m por fóra dos núcleos, o que fixo que moitas hortas, predios ou leiras que non se podían considerar edificables fosen obxecto dun gravamen inxusto.
Nese ano, no 2014, os Socialistas de Cotobade (en aquel entón) iniciaron unha campaña de recollida de firmas por todo o concello esixindo a paralización inmediata do incremento dos valores catastrais co fin de negociar un procedemento máis xusto. Advertían, ademais, que os recibos viñan enmascarados. Ese ano non se contemplaba o aumento, pois estaba rebaixado o tipo de gravame; pero ao recuperarse o seu tipo ordinario, que sería paulatinamente nos diferentes exercicios, pasando dun 0.275% a un o.40% o recibo final do IBI veríase duplicado ou mesmo triplicado.
Finalmente a Agrupación Socialista de Cerdedo-Cotobade levaba razón na defensa do catastrazo, tal e como están contemplando os nosos veciños e veciñas a día de hoxe no sangrante aumento do recibo da contribución.
PSdeG-PSOE de Cerdedo-Cotobade