O oficio de Barbeiro é un dos máis antigos da historia, a súa existencia é coñecida na época do antigo Exipto. Este oficio estivo evolucionando constantemente, e dependendo das demandas da sociedade foise adaptando. As súas funcións transformáronse en moitas ocasións, desde exercer de ciruxanos e dentistas, ata ser auténticos especialistas no coidado persoal. Foi na época medieval onde había uns homes que ben podían cortarche a barba e o pelo que che extraían moas, facían ciruxías, trataban feridas, sacaban quistes, limpaban oídos , blanqueaban os dentes… eran coñecidos como ciruxanos/barbeiros. Durante o reinado de Enrique VIII, polo século XV, este oficio foi separado independentemente , quedando os barbeiros encargados soamente da extracción das muelas, ademáis do corte de pelo.
En relación a isto, lendo as aventuras de D. Quijote de la Mancha, Cervantes cóntanos que don Quijote, nunha das súas desventuradas correrías, foi apaleado e tivo que percorrer a Maese Nicolás, barbeiro ciruxano e sacamuelas, para aliviar as súas doures.
O Barbeiro sempre foi un oficio ben considerado, nas antigas culturas existía a crenza de que ao cortar o cabelo eliminábase o malo que podía ter o home e dese xeito chegábase á pureza.
O SEÑOR MIGUEL
Recordo aquel cuarto de baño coma se fose hoxe, era o da casa da miña avóa Ramona, situada mesmo á beira da Ponte Malvar, refírome a que, máis tarde, se coñecería pola taberna da Rons. Nesta casa nacín eu, meses despois funme cos meus pais e a miña irmá a vivir á casa que era coñecida pola Taberna de Maruja, quedaban a cinco minutos unha da outra andando. Na casa de Ramona viviron unha tempada unha familia da que gardo un grato recordo, hoxe en día manteño relación cos fillos, Miguel e Beatriz. Precisamente por estar esta familia vivindo na casa da miña avóa, recordo aquel cuarto de baño, foi durante un tempo a barbería da parroquia, rexentada por Miguel Abal.
Si pecho os ollos e déixome transportar aos primeiros anos dos sesenta, vénme á memoria aquel espazoso lugar, o primeiro que vexo é aquela cadeira enorme de grande, cos brazos de madeira, forrados de terciopelo, un rudimentario mecanismo facía posible que a cadeira se reclinase, ademáis tiña un repousa cabezas fixo. O señor Miguel cando cortaba o pelo aos nenos servíase dun pequeno banco que colocaba en devandita cadeira, así lle era máis cómodo cortarlle o pelo, a súa expresión era sempre a mesma, estaba todo serio cos máis pequenos, e dicíanos mentres coas súas mans nos retorcía a cabeza : agacha rapaz ! agacha !
O baño estaba cuberto nas súas paredes por uns azulexos de cor amarelo, había unha fiestra por onde entraban os primeiros raios de sol do día, en fronte un enorme espello, ao seu lado varías estanterías cos produtos máis utilizados naqueles tempos: xabón, auga de colonia, navallas, brochas etc. Ah ! e non faltaba o bote do masaxe máis utilizado nas barberías de todo o país : Masaje Floid ! Que recordos ! Aquelas palmadas na cara : plas, plas, plas…logo de enxabonarche a cara con aquela brocha de pelo ( hai quen dicía que eran pelos de rabo de raposa) e dun bo afeitado, daba unha sensación de ser un novo home ! Esa era a impresión que eu vía nos clientes do señor Miguel, supoño que o masaxe Floid quentaba de lo lindo jajaja. Por suposto tampouco faltaba na barbería a palangana, uns panos, un gran banco para os veciños que tiñan que esperar e algunha revista ou xornal.
O señor Miguel era un home con aspecto bonachón, de complexión forte e falador, estaba seguido falando, mentras cortaba o pelo sempre tiña conversa co cliente ou cos paisanos qué estaban esperando a súa quenda, en cambio cos nenos era máis serio, coma dixen antes.
O seu nome completo era Miguel Abal Campio, era fillo de Arturo, o do Bravo, natural de Sto. Tomé de Nogueira, en Mosteiro, sendo un raparigo coñeceu a unha moza de Cambados, de nome Ubaldina Rey Palacios, (máis coñecida por Nena), casáronse moi xovenciños. Viviron unha época en Pontevedra, Miguel montou un negocio de bicicletas pola Galera, pouco tempo despois deixou as bicicletas, por certo que chegou a facer unha bicicleta totalmente de madeira, era un manitas o señor Miguel, o pouco tempo comezou a traballar na Cross, para estar máis preto do traballo buscou casa en Cerponzóns, chegando a Rons primeiro e máis tarde trasladándose o lugar de Pidre.
Miguel estivo moitos anos traballando de soldador na Cross, ademáis o compaxinaba co traballo de barbeiro cando tiña libre, eran os sábados, domingos, días festivos e a horas dispoñibles logo de saír de traballar, dedicábase a gañar unhas pesetas cortando e afeitando, non era moito o tempo que lle quedaba para gozar das súas paixóns : nadar e pasear, aqueles anos eran duros, con moitas necesidades, así que fose a hora que fose, cando algún veciño necesitaba cortar o pelo e señor Miguel estaba na casa a barbería sempre estaba aberta.
Parece que estou vendo ao señor Miguel coa súa navalla, afilandoa no coiro…
O primeiro que me cortou o pelo foi o señor Miguel, que medo pasei a primeira vez ! ao recordar isto dáme a sensación de estar sentindo o paso pola miña cabeza da máquinilla de cortar o pelo, á cal cambiaba de posición segundo quixese pelarse un, ou ben raparse a cero. E tamén as tesoiras, emitían unha musiquiña especial cando as abría e pechaba, axudándose dun peine que realizaba a función de guía.
Eu teño pasado horas vendo como cortaba o pelo, o que máis me impresionaba era cando afeitaba, aquelas navallas metían respeto, un pequeno despiste e xa che cortaban ao instante, tamén recordo que usaba papel de xornal para ir retirando a espuma logo de rasurar ao cliente. Ás veces tiña que botar man dunha pedra que adoitaban ter todos os barbeiros, usábaa para aqueles cortes que sucedían durante o afeitado, pasáballe a pedra unhas cantas veces pola ferida e solucionado ao momento, paraba de sangrar.
Naqueles anos estes lugares eran coñecidos como barberías, os homes adoitaban ir poucas veces a cortar o pelo, non había prácticamente, entre a xente do campo, unha moda establecida, a maioría cortaba o pelo a cero para non volver ata uns seis meses ou máis.
Aínda así, os que acudían ao barbeiro, tamén aproveitaban para poñerse ao día, o lugar era idóneo para decatarse do ocorrido nas parroquias próximas, dado que en ocasións viñan doutros lugares onde non había barbería e o señor Miguel era a correa de transmisión que poñía ao día aos seus clientes. Separadamente da taberna, a barbería realizaba a función de centro social naqueles tempos. Alí falaban dos aconteceres da vida, do traballo, das festas, do novo accidente na Ponte da Rons...
De cando en vez viña algún señor que ao entrar na barbería dirixíase ao señor Miguel e indicáballe que lle fixese a barba, normalmente quen viña con ese requerimiento era xente que pertencía socialmente á burguesía e xeneralmente vivían na cidade, pero de cando en vez adoitaba aparecer algún para arranxarse a barba ou tamén había quen tiña un enorme bigote, aínda recordo aquel señor que era representante dos Chocolates Chaparro, vaia mostacho que tiña ! Pero moi ben arranxado ! Estes clientes eran máis habituais velos a miúdo polas barberías , pois mínimo cada semana tiñan que arranxarse as súas barbas e os seus bigotes para estar ben coidados, cousa que a un na casa éralle bastante complicado, como a barbería estaba o carón da carretera a Santiago de vez en cando paraba algún home que tiña necesidade de arranxar a barba.
O señor Miguel sempre agradecía a visita dúas seus clientes cepillandolle a roupa e dándolle as grazas, moito o botaron en falta cando se marchou a vivir a Mosteiro, alí fixou a súa residencia para o resto dos seus anos.
JOSÉ PERES UCHA
Tamén tivemos outros peluqueiros/barbeiros, un deles foi José Peres Ucha (O Chepa), natural de Leborei, o seu oficio desempeñouno no lugar de Guxilde, onde tiña a súa casa, á beira do paso a nivel. Eran moitos os veciños de Cerponzóns que acudían a él, tamén os nenos de O Castrado, de Tilve, Leborei…de muitos lugares da parroquia, ademáis Pepe O Chepa tiña outros dous oficios : traballou na Renfe é tivo un dúo musical co señor Faustino Calvo (O Morrón), éste dúo, xunto con un acordeonista de Campañó, coñocido por Manuel “O Lopes”, amenizaron a boda dos meus pais, celebrada no lugar de Pidre.
Fai pouco estiven falando cun dos netos de Pepe, díxome que ten poucos recordos do seu avó, cando faleceu tiña cinco anos e o que recorda era de cando o visitaba, víao encamado na súa habitación e moi doente.
Segundo comentáronlle, o seu avó tiña unha costume cos seus clientes, invitábaos a licor café, era licor da casa, feito por él.
TALVINO FACORRO SESTO
Outro veciño que estivo desempeñando o oficio de peluqueiro foi Talvino Facorro Sesto, o seu oficio realizouno primeiramente en Poio, despois traballou ata xubilarse na Residencia de Montecelo.
JUAN CONS BARRAGANS
Juan Cons Barragans cortaba o pelo e afeitaba aos veciños da súa contorna, tamén acercabanse a súa casa situada no lugar de A Meán os veciños do lugar de Casaldorado, parroquia de Lérez.