Tribuna Viva
Estou pensando...
Pois... estou pensando...
Por que agora que xa estamos na desescalada, vamos a pubs, cafeterias e ata imos xantar aos restaurantes... ás veces, segundo se mira, dun xeito demasiado imprudente, cal é o motivo por que o personal funcionario ou laboral das institucións non vai a traballar? E se van traballar, por que non atenden presencialmente? Con mascarilla e seguindo as medidas de protección, non vexo o problema.
Se o persoal das administraccións, traballa, por que tanta cita previa, para cousas fundamentais, como determinados certificados ou volantes que hai que presentar, para multitude de trámites. (cando deberían ter comunicación directa para recabar os datos que se precisan se todo está informatizado a través do noso DNI). E por que, cando se cita, para unha hora e un día determinado, acúdese presencialmente! e topámonos conque non está dispoñible o funcionario ou persoal laboral que lle compete estar?
Parece que só estiveran obrigados a correr riscos, os traballador@s dos supermercados e o persoal da Sanidade Pública, que estiveron traballando cheos de medo, dende o principio da alerta sanitaria
Por que nos fan ter que utilizar internet, se aquí o internet non e de libre acceso e en moitos lugares de Galiza nin chega a conexión?
Parece que todo faixe á brava por parte da administración, ¡de todas!
Para utilizar internet, primeiro haberá que ter medios e despois ir ao papel cero, e se cadra ás citas previas, pero non antes, por favor.
Quérennos facer que pensemos que estamos no S.XXI e ainda case non chegamos ao S.XX.... en fin.
Victoria Juncal Blanco