Pedro J. Peón Estévez
ALCOA
Os moitos problemas que arestora asolan a Espanha en xeral e Galiza en particular, merecen unha análise en fondura mais non baixo o lente socio-político-económico. Desde ese ángulo xa está todo máis que estudado e debatido, e a conclusión é sempre a mesma: NPI
Pois resulta que estamos no país do peixe pero hai que surtir ós grandes mercados nacionais con prioridade e aquí quedan as sobras con prezos que fluctúan a diario segundo existencias. Vaite ó mercado un par de días e compróbao. Diante do escaparate dunha peixería en Madrid dicíame a minha dona: "Como é posíble que o peixe estea máis barato aquí que en Pontevedra ?" Misterio.
E resulta que somos o país do leite e ós poucos productores que aínda sobreviven, páganlhes prezos de ruína por mor da desleal competencia de producto alheo comenentemente adulterado.
E despis de moitos resultas, resulta que somos o país da electricidade pero cando unha empresa (Alcoa) fica en perigo de peche por falta de subministro, o presidente da xunta tómao á conha dedicándose a lanzarlhe agudezas á oposición mentres os grandes productores fican caladinhos á espreita. Xa vai para un século no país da corrente que os paisanos témola que pagar ben cara cando deberíamos de tela gratis pois, aparte de sermos donos dos recursos naturais, pagámolas consecuencias da súa produción ( encoros, emigración, eólicos, chuvias acedas,emisóns de CO2…) Igual que o peixe, o leite, a carne, o trabalho, a sanidade, a formación…a enerxía tamén se exporta a prezos "competitivos" ( que equivale a dicir "apanhados") Barrié e todos os que vinheron tas el seguen gozando un status de privilexio no presente postfranquismo, onde a súa fenosa vai abandoando unha pel tras outra polo caminho da "modernidade" cambiando, cada pouco, de pintorescos e sonoros nomes.
E os tan recurridos postos de trabalho directos, indirectos e circunstanciais de Alcoa? Escotade ós Supertacanhóns: "Iso non é problema noso. Nós somos "esnciais" e os que venhan atrás que se fodan !"
A electricidade é un ben común, un recurso primario. Non somos privilexiados os que a consumimos, que somos TODOS, nin salvapatrias os que a producen e/ou explotan, nin esenciais os seus intermediarios, que falan vostedes da corrente como se a tiveran inventado.
Galiza, a nosa TERRA, a despensa de Espanha, a potencia pesqueira, agrícola-gandeira, forestal, enerxética, mineira, cultural e humana, leva séculos sendo fagocitada por expoliadores alheos coa necesaria colaboración dos proprios. A ver se nos pomos os lentes na hora de votar e deixamos xa de enviar dirixentes láparos a Madrid e Santiago
A produción de electricidade por combustión de biomasa non é nin limpa (emisión de CO2) ni renovable ( a enerxía e a materia non se crean. Ou sexa: de onde non hai no se pode sacar eternamente ). Coma así, eu xustificaría en última instancia que Alcoa tivera a carón unha destas centrais para producir a case totalidade da electricidade que necesita en contina transición á enerxia limpa. Así e só aí, si ( e non en Lourizán ) Para que non digan logo que estamos en contra da industria. Porque a industria (pesada) é o que ten; dá escasos postos de trabalho e cando menos o esperas deslocalízanse e punto. Como ameaza cada canto a de Lourizán. Ou Nissan.
Ben visto, o problema non ten nada de complicado pois, como dicía Miguel o electricista de Cerdedo (un grande profesional); "A electricidade é unha cousa corrente".
Menos mal que o meu amigo semáforo (elétrico por certo) sempre me alegra o día cando me dedica o seu amanle saúdo: "Peón, pode pasar "