Tribuna Viva
Mantense unha sinistralidade laboral inaceptable
Ante o Día Internacional da Saúde e Seguridade no Traballo
Diante desta crise de saúde pública dunha magnitude extraordinaria, que pola súa envergadura inunda e condiciona o ámbito do público e o privado, CC.OO. queremos denunciar outro gravisímo problema de saúde que se repite ano tras ano, e que non é outro que a sinistralidade laboral.
10.233 accidentes de traballo (nas empresas e en itinere) na provincia de Pontevedra, dos que 145 son graves e 17 mortos no ano 2019, son a consecuencia, outro ano mais, de que o sistema preventivo non resulta eficaz debido as inercias derivadas das opcions que se foron tomando nos últimos 25 anos dende a aprobación da Lei de Prevención de Riscos Laborais: configuración da prevención como un negocio e non como un dereito, externalización da súa xestión, imposibilidade de intervención sindical real nun universo de pemes e micropemes e unha actuación política favorecedora dos intereses do negocio fronte o dereito a saúde.
A maioria dos Servizos de Prevención alleos non foron desenvolvendo unha verdadeira prevención nas empresas, senón que se limitan a tramitar a documentación requerida, para cumprir de xeito formal coa normativa e, como moito ofertan avaliacions de risco-tipo e uns recoñecemento médicos non específicos.
Con estas prácticas preventivas nos centros de traballo, das que son corresponsables os Gobernos do Estado e a Xunta de Galícia, e si ademais a Inspección de Traballo (que é o outro organismo que pode intervir decisivamente no control da prevención nas empresas) conta coa ratio de Inspectores de Traballo por poboación ocupada mais baixa de Europa, atopamos a clave pola que as mortes por accidentes de traballo son, un ano detrás de outro, a segunda causa de morte violenta en España.
A sinistralidade laboral non só esta vencellada ao dito anteriormente, senón as políticas de emprego, e nomeadamente a reforma laboral do Partido Popular, que precarizou as condicions de traballo e fomentou a temporalidade: No ano 2.019, o 43,63% dos accidentes de traballo con baixa laboral de persoas asalariadas sufríronos persoas con contrato temporal, cando estos traballadores supoñen o 26% do total de asalariados. En cambio, a porcentaxe de accidentes entre as persoas asalariadas con contrato indefinido ( 57,37% ) dáse sobre o 74% do total das persoas asalariadas.
Galicia (a província de Pontevedra está practicamente na media de Galicia) é a penúltima Comunidade Autónoma de España (só detrás de Melilla) en accidentes mortais en relación co índice de incidencia, que resulta do 5´46, e que se establece relacionando o total de accidentes mortais por cada 100.000 persoas asalariadas.
Para valorar a gravidade do problema compre sinalar que o índice de incidencia da Comunidade de Madrid é de 1.45, de Cataluña do 2,19 e do Pais Vasco do 2,29, o que demostra que a sinistralidade laboral non foi nin moito menos unha das prioridades do Goberno de Núñez Feijoo, e que esta grave situación reclama un cambio urxente no impulso de políticas preventivas nas empresas por parte da Xunta de Galícia. A saúde e a vida dos traballadores e as súas famílias merecenno.
Asdo: Xosé Luis García Pedrosa.
Secretario de Organización.
U.C. de CC.OO. de Pontevedra.