Tribuna Viva
Manifesto na defensa das hortas de autoabastecemento
Trinta asociacións galegas firman un manifesto para que se permita o uso das hortas de autoabastecemento, ante a medida da xunta de prohibir o acceso a non ser que estivera nun radio de 500 metros do domicilio habitual. Esta medida deixa fora a meirande parte dos hortos, os que consideran unha fonte básica de alimentos.
Estas semanas son cruciais para preparar a terra, sementar e poder colleitar nos meses vindeiros, diminuíndo o impacto económico que esta situación vai supor aos veciños durante moito tempo.
Polo que solicitan que a Xunta rectifique, e estenda os requirimentos das medidas hixiénico-sanitarias, necesarios noutras actividades, aos hortos de autoabastecimiento e non se deixe á arbitrariedade de cada axente. Por exemplo, a diferenciación horaria en hortos urbanos con parcelas pequenas e contiguas, onde poidan poñerse de acordo entre os veciños para non acudir os mesmos días.
E piden tamén que se teña en conta a realidade da gran maioría de veciños que non posúen un carné de manipulador de fitosanitarios e a daqueles que manteñen as súas hortas en espazos cedidos, polos que non posúen certificado de titularidade.
É moito máis seguro ir ao horto, cumprindo as medidas sanitarias preventivas, que acudir aos supermercados, onde hai unha incalculable manipulación de todos os produtos por parte da longa cadea de produción, abastecemento e distribución.
Os hortos de autoabastecimiento non son lugar de lecer e recreo, deberian ser considerados unnha actividade esencial como o resto da produción agraria.
MANIFESTO
Na defensa da autoxestión
En relación á ORDE do 23 de marzo de 2020 da Consellería do Medio Rural pola que se regula a agricultura de autoconsumo consideramos que:
- Os hortos de autoconsumo son unha alternativa para a satisfacción de necesidades individuais e colectivas sen a inxerencia das lóxicas do mercado ou o poder do Estado.
- Ante a situación na que nos atopamos, recibindo un gran impacto pola era global na que vivimos, entendemos que non se debería prohibir o acceso á terra, senón que haberia que desenvolver cada vez máis vías de autoxestión.
- A horta de autoconsumo é un alicerce da Soberanía Alimentaria, polo que é vital mantela para afrontar de forma máis segura e con máis ferramentas esta crise. Estas semanas son cruciais para preparar a terra, sementar e poder colleitar nos meses vindeiros, diminuíndo o impacto económico que esta situación vai supor aos veciños durante moito tempo.
- Os hortos de autoabastecimiento non poden ser considerados como lugar de lecer e recreo, son áreas de produción non monetarizada que provén a moitos galegos de alimentos frescos e de tempada, representando un gran aforro económico para moitas familias.
- Consideramos absolutamente arbitrarias as restricións que desde a Xunta interpuxéronse ao acceso á terra, limitándoo a 500 metros da vivenda habitual, impedindo así coidar as hortas tanto urbanas como rurais que se atopen a máis distancia inda que se atopen dentro da mesma localidade.
- A Xunta esixe un carné de manipulador de fitosanitarios para traballar nas hortas de autoconsumo, do que carecen a maioría de agricultores non profesionais, tanto os que cultivan en ecolóxico, como aqueles que non usan produtos profesionais.
- É moito máis seguro ir ao horto, cumprindo as medidas sanitarias preventivas, que acudir aos supermercados, onde hai unha incalculable manipulación de todos os produtos por parte da longa cadea de produción, abastecemento e distribución.
E solicitamos:
- Que se consideren as hortas de autoabastecemento unha actividade esencial como o resto da produción agraria.
- Que segundo o Artigo 7 do Real Decreto, que permite a circulación de persoas polas vías de uso público para a) "Adquisición de alimentos (...)"; e g) "Por causa de forza maior e situación de necesidade". Enténdase, como exemplo destas dúas casuísticas, ir ao horto a autoabastecerse e sementar para dispoñer de alimentos nos meses vindeiros.
- Que a Xunta rectifique e estenda os requirimentos das medidas hixiénico-sanitarias, necesarios noutras actividades, aos hortos de autoabastecimiento e non se deixe á arbitrariedade de cada axente. Por exemplo, a diferenciación horaria en hortos urbanos con parcelas pequenas e contiguas, onde poidan poñerse de acordo entre os veciños para non acudir os mesmos días.
- Que se teña en conta a realidade da gran maioría de veciños que non posúen un carné de manipulador de fitosanitarios ou daqueles que manteñen as súas hortas en espazos cedidos polos que non posúen certificado de titularidade.
- Que se facilite o acceso á terra a todas aquelas persoas interesadas en autoabastecerse ante a crise que viviremos.