MUIÑEIRO: Persoa que traballa nun muiño. (RAG)
Seguramente os homes que comenzaron neste oficio comezaron facendo o muiño tipo doméstico, para o seu servizo, máis adiante, co pago dunha cantidade (maquía) acordada comezaron a traballar para xente de fóra.
Hoxe en día quen non añora aqueles tempos en que vías os muiños funcionando, aqueles muiños centenarios que hoxe en día soamente quedan restos deles?
Quen recorda de ir ao muiño e atoparche coas mulleres lavando no río ? Aquelas mulleres que en pequenos grupos se arremoliñaban e falaban dos dimes e diretes do día ? Quen non recorda pasar pola vella pontella que soportaba o paso dos carros e das xentes camiño das leiras ?
Recordo ir ao moiño do Cañoto, sendo un neno co meu pai diante cargado co saco cos grans para moer, quizáis sería a principios dos anos setenta, días atrás uns cantos veciños arranxaran o vello muiño, puxérano de novo a funcionar, para min foi algo especial, estiven tamén axudándolles dentro das miñas posibilidades claro. Por iso que o día que se puxo en marcha foi para min unha festa. Sempre me gustaba ir o Cañoto, o meu pai botaba o gran e mentres se ía moendo aproveitaba para traballar a leira que temos a uns metros do muiño, cada certo tempo mandábame ir ver si estaba funcionando correctamente, e logo máis tarde baixaba él e no mesmo saco metía a fariña.
Cando baixaba da nosa leira a presa quedaba á miña esquerda, a corredoira levaba directo ao muiño e seguía máis adiante en dirección ao río Rons, dun lado a auga da presa baixaba con forza para mover os engranaxes e así facer virar a roda que molía, logo da súa función a auga volvía ao río onde estaba a zona destinada ás mulleres que ían lavar, un pouco máis abaixo os nenos tiñamos unha zona que utilizabamos daquela como piscina, algunhas veces a corrente tennos levado a roupa, unha vez a miña non fun capaz de atopala e tiven que ir para casa totalmente espido, jajaja, imaxinarvos a min, espido desde a casa de Digna ata a miña, tapándome coas mans as miñas partes máis íntimas jajajaja, mentres os coches que pasaban me pitaban, aínda para máis inri, que vergoña!
Aínda que aparentemente o oficio de muiñeiro era fácil, tiña os seus inconvenientes, tiñan que estar permanentemente en contacto co auga, todo o ano, vendo a presa, desatascando o saetillo, tanto no verán como no inverno. Tiña que estar metido nun habitáculo que en épocas de inverno había que idear para non pasar frío e ademáis respirando continuamente fariña, era un ambiente de humidade e con po, algún muiñeiro tivo a enfermidade de neumoconiosis, debido á inhalación das partículas do po. A Fariña segundo saía da roda, daba tres calidades: a que quedaba máis preto da maquinaria era o óleo que era a máis fina e branca, a que caía ao lado cara a fóra era a «míllara», que non era tan fina, e para rematar nos bordes saía o relón, que era a máis basta, como salvado, tamén ao cribar na peneira era o que quedaba nela.
O oficio, tradicionalmente pasa de pais a fillos, ou entre os familiares máis achegados, desde que nace, o fillo do muiñeiro xa vai aprendendo o oficio, vai colaborando nas faenas que conleva a molienda.
Así é que habitualmente entre a familia tíñanse os coñecementos necesarios para solucionar calquera avería, agás naqueles arranxos que había que recurrir aos canteiros cando había que seleccionar unha pedra adecuada ou para cando necesitaba un picado a pedra que se estaba usando na moenda.
A maioría dos muiños adoitaban ser dunha planta, aínda que algúns estaban pegados á casa do muiñeiro, outros tiñan cociña debido a que o dono pasaba moitas horas nel, pois había épocas do ano en que se utilizaban de vivenda temporal.
Encontramos documentos antigos donde aparecen nomes de veciños que tiñan coma oficio o de muiñeiro :
Ano de 1752, Manuel Fernández, natural de PUENTEBEÁN
Ano de 1752, Alexos de Parada, natural de PIDRE, ademáis era labrador.
Ano de 1752, Francisco Álvarez, natural de PIDRE, tamén era labrador.
Ano de 1752, Benito Melón, natural de PIDRE, tamén era labrador.
Ano de 1842, Domingo Piedras (59anos)
Ano de 1845, Juan González (52anos) do lugar de PIDRE, vive coas súas fillas Teresa (24 anos) e María Luz (22 anos), tamén eran molineras.
NO INTERROGATORIO DO MARQUÉS DA ENSENADA, ( Según o Catastro do Marqués da Ensenada, entre 1750 e 1754 na parroquia de Cerponzóns atopábanse a pleno rendemento 18 muíños de auga ao longo das canles dos regatos de O Castrado e Acibal .) RECOLLEN OS DATOS SEGUINTES REFERENTES OS MUIÑOS :
MOLINOS QUE NO SON DE MAQUILA
Uno llamado ORZERA situado en el río que viene del Acibal propio de Francisco Falcón y de Ignacio Tilve de la misma vecindad es de piedra negra muele siete meses.
Otro del mismo nombre y en dicho río de una piedra negra propio del dicho Francisco Falcón, Alberto Gómez, Domingo de Castro, herederos de Juán Cancela, vecinos de Alba Juan Magdalena, Benito de Lores, Alberto Gomez Justo, y Tomás Alonso, Benito Blanco, Manuel Falcón de esta vecindad y Benito de Lores de la de Lerez, muele 7 meses.
Otro del mismo nombre y en el referido río piedra negra, muele siete meses propio de Nicolás do Freixo, Ignacio Toibal, gerónimo Rulibal, Antonio da Vila, Domingo de Castro, y Joshep Sartal vecinos de dicha feligresía.
Otro llamado Bouza del Rey situado en dicho río del Acibal piedra negra, muele siete meses propio de los herederos de Pedro Gomez, Domingo de Tilve y Miguel Gomez de esta dicha feligresía.
Otro en dicha Bouza del Rey y río Acibal piedra negra, muele siete meses propio de Francisco Gomez. Pedro Blanco, Antonio Perez, Ignacio Solla, Benito Gonzalez, Domingo Cancela, Pascual de Tilve, y Benito Bieites, vecinos de dicha feligresía.
Otro llamado Caeiro, sito en dicho río de piedra negra, propio de los herederos de Gregorio Fontecoba, los de Fernando de Souto, Benito de Castro vecinos de dicha feligresía, muele siete meses.
BATÁN; Uno en el río referido Acibal propio de Francisco Falcón de las misma vecindad.
MOLINOS DE MAQUILA
Uno llamado PIÓN, situado en el río de Acibal de una piedra negra y de maquila muele siete meses al año, propio de Juana Martínez, vecina de dicha feligresía.
Otro llamado A BALEA, sito en dicho río propio de Benito Melón vecino de la dicha feligresía y de una piedra negra y de maquila, muele lo mismo siete meses.
Otro del mismo nombre de A BALEA sito en dicho río, de piedra negra, propio de Francisco Alvarez, de la misma vecindad muele siete meses es de maquila.
Otros dos del referido nombre de A BALEA sito en dicho río cada uno de una piedra negra, maquileros propios de Casimiro Melón de la misma feligresía.
Otro del citado nombre, y en dicho río, de piedra negra, propio de Alexos Parada, Juana da ¨Fonte, Alberto Fontenla, vecinos de dicha feligresía y Patricio Cancela de la de Alba.
Otro llamado PUENTEBEÁN sito en la dicha feligresía y río de Acibal, de piedra negra, y maquila propio de Juan Fernandez de dicha feligresía muele dichos siete meses.
Otro en dicho PUENTEBEÁN y en referido río, de piedra negra, y de maquila, propio de Josepha López viuda de la misma vecindad, muele siete meses.
Otro en dicho río, de piedra negra, y de maquila, propio de Manuel y Lucas Fernandez de la misma vecindad, y muele dichos siete meses.
Estos son os muiñeiros qué máis están no noso recordo : O señor José Fuentes, o señor Francisco Louzao Sobral, o señor Eladio Sartal…..
Nestes días un grupo de veciñas e veciños reuníronse para tratar sobre a recuperación dun muiño da parroquia, é unha magoa que un exemplo destacable da arquitectura popular como son os nosos muiños, téñanse totalmente abandonados e prácticamente en estado de ruínas así están a maioría dos que temos en Cerponzóns, oxalá se poida chegar a realizar a súa recuperación, os nosos antepasados alá onde estean agradeceránvolo.