Juan José Esperón
Facerme un favor
E outro día máis, outro máis e vendrán todavía máis, xa estou farto de escoitar á xente queixarse por todo.
Non quero ser defensor de ningún político, pero así como estou ata os mismísimos da xente que só fai crear negatividade, tamèn estou igual de cabreado con algúns políticos pola súa actitude de emporcallar, tamèn teño que decir que hai outros que están dando o callo, dou fe.
Xa está ben !!! Parade !!! Non seguir así !!! Agora non !!! Xa abrá tempo para as críticas, éste non é o momento.
Son momentos duros, e mui difícil e mui dolorosa aguantar está situación, por elo quero dirixirme a todos os que queiran escoitame e decirlles que non vai axudar en nada estar todolos días esparcindo cousas negativas, as redes están cheas desto, cambiade o chip, por favor.
Aproveitade o tempo para facer outras cousas, pensade si podedes axudar en algo, chamade por teléfonos os vosos seres queridos, chamade a aqueles amigos que fai tempo que xa non tedes contacto, chamade os vosos compañeiros de traballo, chamade os vosos xefes, si os vosos xefes, porque seguro que tamèn necesitan que lle des ánimos, dedicarvos a ter momentos de coidar a familia, de falar cos veciños... de publicar nas redes algo positivo...
Deixade o fatalismo a un lado, non seades partícipes coa vosa actitude fatalista de crear negatividade e así querer fundirlle a moral a xente.
FACERME UN FAVOR :
Espero que reflexionedes, pensade que nin pa vos e boa esa actitude, non vos axuda en nada, ainda quedan muitos días por diante, veña, pensadeo, xuntos podemos.
Nota :
Hoxe entereime de que o meu amigo César, xerente de Recambios Mourente, vai doar 10.000 pares de luvas para a Policía Local, a Policía Nacional, a Garda Civil e Protección Civil.
Que ledicia comenzar así a semana....podedes compartir esta doazón, por exemplo