Boris Rodríguez Pintos
Resumo da Xornada 4 da LEC
A xornada viña co Fnatic - Mad Lions como partida destacada. O partido colleu aínda máis importancia tras os dous tropezos do imbatido G2, que lle daban a Fnatic a oportunidade de situarse colíderes. O sábado o Schalke 04 gozou da súa primeira vitoria da tempada e deixa só na última praza a un Vitality que non levanta cabeza, nin sequera cambiando de xogadores.
Xornada 4 Día 1
Os leóns tiñan o venres un duro rival enfronte que lles poñía a proba antes de enfrontarse a Fnatic ao días seguinte.
Nukeduck sacouse da manga un Ornn medio para contrarrestar á LeBlanc de Humanoid.
Na xungla disputábase un duelo no que o Karthus de Xerxe dominou en todo momento á Rek'sai de Shadow.
Mad Lions aseguraba os dragóns e Origen os dous heraldos, que lle permitía adiantarse no marcador de ouro grazas ás placas.
Origen, coa axuda do réquiem de Karthus, sempre saía vitorioso das pequenas disputas que se producían por mapa. Esta vantaxe permitíalles facerse facilmente co Nashor ao minuto 25. Neste minuto tamén chegou a mellora para o "Sombrero mortal de Rabadon" que acababa de comprar Karthus.
A presenza do xungla de Origen facía inútil calquera esforzo de Mad Lions por gañar.
SK, do mesmo xeito que Origen, decantábase por Karthus como xungla; mentres que Excel imitaba a Mad Lions na bot lane co dúo Ezreal- Yuumi.
Crownshot e Limit saíron agresivos e a punto estiveron de levar o primeiro sangue aos dous minutos de empezar a partida. Sería pouco despois, no minuto 4, cando tras unha pelexa no río o marcador quedaba 3-2 a favor de Excel.
O early game estivo cheo de acción, pero aos poucos o ritmo de xogo foise pausando. Isto beneficiaba bastante a SK, que xogaba ao escalado con Karthus e Kassadin. Con todo, era o equipo británico o que tiña a vantaxe no marcador de ouro.
Excel buscaba a oportunidade de facerse co Nashor, pero non chegaban a velo do todo claro.
Chegados ao minuto 30, todo apuntaba que a partida se decantaría por SK, que contaba con mellor late game. Foi nese minuto cando Sacre morría e permitía ao equipo de XL facerse co Nashor e acabar con outros tres membros do equipo rival.
SK non ía dar unha vitoria fácil, e xogoullo todo a unha teamfight que gañou o equipo de Excel, finalizando a partida.
Vitality seguía buscando a súa primeira vitoria nun encontro no que Bwipo sorprendía escollendo a Singed para enfrontarse ao Sett de Cabochard. O toplaner demostraba o seu gran champion pool, xogando o seu sétimo campión distinto en sete encontros.
Unha vez comezada a partida, o primeiro sangue caeu nas mans de Comp, que mataba a Halyssang nun dous contra dous.
No outro lado do mapa Bwipo e Cabochard intercambiaban kills, pero a liña era dominada facilmente polo toplaner de Vitality. Ante está situación, Bwipo decidiu usar a súa teleport para axudar á bot lane nunha xogada na que levaron dous asasinatos.
Despois cobrou protagonismo Selfmade. O xungla de Fnatic encadeou varios minutos bos que permitiron ao seu equipo dominar os obxectivos.
No minuto 17, tras unha boa teamfight, os laranxas establecían a vantaxe de ouro en 3 k. Cinco minutos máis tarde, o Ace que recibía Vitality impulsaba aos seus rivais, que se viron imparables ata destruír o nexo.
O encontro empezaba cuns primeiros minutos moi tranquilos.
Houbo que esperar ata o minuto 11 para ver a Inspired levar o primeiro sangue. Os toplaners disputaban a súa propia pelexa na bot lane cando chegou o gankeo de Lurox. Finn estivo a piques de morrer, pero aguantou o suficiente para que o seu xungla chegase e conseguise as dúas primeiras baixas da partida.
Rogue dominaba facilmente a partida cun 5-0 no marcador de torres e unha vantaxe de 7k no de ouro.
No minuto 24, o Schalke pillaba desprevidos ao xungla e adc rivais. Esas dúas mortes dábanlles unha oportunidade perfecta para facerse o Nashor.
Finn e Larssen apareceron para evitalo, e entre os dous desfacíanse de catro opoñentes, a cambio da vida do midlaner de Rogue.
Do equipo rival só quedou Abbedagge, pero alí aparecía teleportandose Hans Sama para conseguir o Ace.
Tras acabar co Barón Nashor a diferenza situábase en 10 k, que facía insalvable a derrota do equipo alemán.
Foron os coellos os que tiveron que vir para que G2 saborease a derrota por primeira vez esta tempada, nunha partida tola que acabaría con 33 mortes en 30 minutos.
Unha cousa parece clara, e é que Wunder non vai poder xogar Soraka moitas máis veces este split. Foi un dos primeiros baneos por parte de Misfits, ao que G2 respondeu cunha Sona, que non deu os mellores resultados.
Tampouco foi o día de Caps. O actual adc de G2 acabou cun marcador de 0/9/4.
Ninguén se esperaba o resultado cando no minuto 5 os samurais xa gañaban 3-1 tras unha mala xogada de Misfits. Con todo, a vantaxe que xeraba Sett na top lane poñía por diante ao seu equipo.
Xa sabemos que G2 necesita moi pouco para facer dano, e demostrouno gañando unha teamfight no minuto 11 que igualaba o encontro.
O partido levaba un ritmo frenético, ao minuto 20 o contador xa contaba 23 mortes. Foi tamén neste minuto cando G2 tratou de coller coa garda baixa a Xayah, pero os bos reflexos de Bvoy permitíronlle esquivar a emboscada e darlle a volta á situación.
Con varios xogadores de G2 mortos en Barón Nashor era fácil para Misfits que situaba a vantaxe de ouro en 7 k.
Houbo que esperar ao segundo Barón para poder ver aos coellos poñéndolle fin a unha partida que enomoró a calquera fan de League of Legends.
Xornada 4 Día 2
Vitality Team - Misfits Gaming
O máis destacado do encontro foi o cambio na posición de support de Vitality. Jacktroll deixaba oco para a entrada de Steeelback, que non puido facer nada para cambiar o destino do seu equipo.
Misfits collía vantaxe cando un mal diveo na toplane deixaba a Dan Dan con dúas kills no seu marcador persoal.
Os obxectivos foron para os coellos, que dominaban tanto en heraldos, con dous, como en dragóns, con catro.
No minuto 21 Razork era cazado e propiciaba un intento de Nashor por parte de Vitality, que non puido terminalo.
Dous minutos máis tarde, Misfits eliminaba a dous dos seus rivais, xungla e o support, e eran eles quen levaban o Barón. Os xogadores de Vitality tentaron evitalo pero só caían un tras outro.
Coa vantaxe no marcador de ouro e o buffo do Nashor esperábase unha vitoria rápida, pero Vitality obrigou aos seus rivais a conseguir o segundo Barón para poder gañar a partida.
O early game decantouse cara ao equipo de Rogue grazas á proactividade do seu xungla. O primeiro sangue caeu nas mans do Lee Sin de Inspired tras unha xogada na mid lane na que a torre se encargou de deixar a xogada en táboas, levándose a vida do xungla e outorgándolle a kill a Jenax.
O xungla de Rogue dominaba os obxectivos con dous dragóns e dous heraldos que concedían ao seu equipo o control do mapa e a vantaxe no marcador de ouro.
No minuto 24, unha pelexa na que morrían o toplaner e o xungla de SK permitía aos roguetianos facerse facilmente co Nashor e poñer no marcador de ouro unha distancia de 11 k que facía imposible a remontada.
Se G2 regalounos unha partida tola o venres, a do sábado contra o Schalke 04 non se ía quedar atrás.
O desastre de G2 xa se intuía nos primeiros compases da partida. No minuto 3, ata catro xogadores chegaban para divear á botlane do Schalke, que acababa co primeiro sangue para Inaxe.
Pouco despois Perks poñíase agresivo sobre Abbedagge, pero o midlaner aguantaba o xusto para que chegase o seu adc e conseguise o seu segundo asasinato.
Na xungla Jankos dominaba a Lurox, pero non transmitía a vantaxe a ningunha liña, e mesmo estivo a piques de morrer a mans de Abbedagge tras un mal gankeo.
A cousa seguía torcéndose para os samuráis, pero un bo heraldo, que deixaba moito ouro en mans de Caps, metía á o equipo de novo na partida.
No minuto 20, un mal timing do Schalke 04 dáballe a G2 30 segundos que lle chegaron para matar ao Nashor e adiantarse no marcador de ouro.
Os alemáns defendéronse como puideron do arreón dos de Ocelote, e tras unha boa teamfight foron eles quen se fixeron co Nashor.
Unha kill do Aatrox de Orome sobre o Ryce de Perks nun man , dáballe ao Schalke o seu segundo Nashor da partida. Tras isto os alemáns foron a por o seu cuarto dragón e levaron un par de kills de agasallo.
Mentres, Perks levaba dous inhibidores da base rival. O Schalke 04 respondía e, usando o buffo do Barón, eran eles quen levaba dous inhibidores.
Os xogadores de G2 víanse impotentes nas pelexas e por iso, cando o equipo alemán ía tras o seu terceiro Nashor tentaron unha backdoor á desesperada. O Schalke defendeuse da situación mentres aproveitaban para levar a primeira vitoria da tempada.
Origen logrou unha sinxela vitoria fronte a Excel, protagonizada pola Camille de Alphari (9/1/8) e a Soraka de Nukeduck (0/0/15).
O primeiro sangue caeu nas mans de Mickey tras unha pelexa na top lane. Con todo, as boas rotacións de Alphari poñían ao seu equipo por diante no marcador de mortes.
A presión no mapa permitía a Origen levar os dous heraldos pero seguía por detrás no marcador de ouro.
Foi no minuto 26 cando tras gañar unha teamfight por 4 a 0, e tras levar o Nashor, cando Origen púxose por primeira vez por diante.
O equipo de Guilhoto tamén levou o segundo Nashor, pero pagouno coa vida de tres dos seus xogadores. Parecía que Excel lle podía dar a volta ao partida pero Alphari, con axuda de Nukeduck, facíase unha tripla kill, que lle poñía fin ás esperanzas do equipo rival.
Fnatic chegaba ao partido coa posibilidade de colocarse colíder tras o dobre tropezo de G2 esta semana. Con todo, a boa actuación dos leóns ía evitar que isto sucedera.
A bot lane de Fnatic comezaba agresiva e tras un diveo aos seus rivais coa axuda de Selfmade a cousa quedaba nun un por un.
Os laranxas saíron proactivos pero Mad Lions contrarrestaba todas as súas accións.
Os leóns dominaron todos os obxectivos, con catro dragóns por ningún de Fnatic e dous heraldos que gañaron media partida.
O primeiro, ao minuto 9, levaba as dúas torres exteriores da mid lane rival. O segundo, ao minuto 15, abría o inhibidor do top lane.
En Fnatic, Bwipo, tentaba manter vivo ao seu equipo mentres Humanoid lideraba a ofensiva rival. O midlaner converteuse na referencia do seu equipo e mesmo chegou a levar unha tripla kill.
Ao minuto 23 os leóns facíanse, sen ningunha resistencia, co buffo de Nashor. Fnatic tentou sorprender os rivais pero só conseguían perder os tres inhibidores.
A partida parecía imposible de gañar para os laranxas, e Mad Lion deixoullo claro cando se fixeron co Dragon Ancián e o segundo Barón Nashor.