Marta Rodríguez Engroba
Novo goberno, mesmas medidas. Barra libre para seguir matándonos
De novo a fin de semana se tinguiu de sangue.
Duas mulleres foron asasinadas case ao mesmo tempo en Lugo, a miña cidade, e en Granada.
Non hai verbas. Demasiada dor.
E de novo se puxo en marcha o mesmo ritual de sempre: Declaracións institucionais, expresións de consternación, minutos de silencio e concentracións.
Un bucle do que xa semella imposible escapar e do que da a sensación de que ninguén se decata, ou non se quere decatar, da sua inutilidade, porque non creo que ninguén con un mínimo de sentido común crea a estas alturas que ningún asasino machista vai desistir do seu propósito por moito que se celebren concentracións ou se exprese a repulsa polos crimes.
A vista está que non é así.
Vintecatro horas despois dos dous salvaxes crimes, a nova Delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero, Victoria Rosell, manifestaba, nunha declaración institucional, que se ían ampliar as medidas de protección para as vítimas da violencia machista, e propoñía que se lles concedera a protección de cans adestrados e que se incrementara a utilización das pulseiras electrónicas.
Evidentemente, a intención non é mala, mais esa non é a cuestión.
E que acaso é normal que as mulleres teñamos que andar pola vida pouco menos que blindadas para que non nos asasinen?.
Do que se trata é de que deixen de matarnos, de que quen o intenta ou o fai, pague por isto con todo o rigor.
Non abonda con poñer unha tirita sobre a ferida infectada, porque eso solo conseguirá tapala a vista, pero seguirá ahí, doendo, e envelenando o sangue ata matar. O que hai que facer é curala.
Por outra banda, no que atinxe as pulseiras electrónicas, e con todo respecto, a Sra. Rosell, nótaselle que non está moi ao día de como funciona realmente o seu uso.
A pulseira está moi ben, sen dúbida, pero de nada serve se a resposta policial cando soa alertando a vítima de que o seu maltratador está cerca non é inmediata e efectiva, algo que, lamento dicirlle, non sempre sucede, e llo está a dicir quen tivo ocasión de presencialo máis dunha vez, polo que, en moitos casos, o único que se consigue é que a muller viva nun constante estado de ansiedade, ante os contínuos sinais de alarma, e atemorizada comprobando como ninguén acude a protexela.
Non sei o que acontece no resto de España, pero eu podo dicirlle que en Lugo, onde eu vivo, isto é habitual, e, desde logo, non é o único sitio.
O pasado verán, sen ir máis lonxe, lembremos que un home asasinou a sua ex parella en Denia trepando ata o balcón da vivenda.
A vítima levaba o dispositivo.
Desde o Observatorio contra a Violencia de Xénero alegaron que non fora efectivo porque ella estaba durmindo. Qué inconsciencia a sua!. A quen se lle ocorre poñerse a durmir sendo vítima de violencia de xénero!.
O que ninguén nos aclarou e a razón pola que non apareceu unha dotación policial para axudala. Sobre eso mellor non falar.
E xa que estamos, vou lanzar unha pregunta: Se fora aos homes aos que estiveran asasinando as medidas a tomar serían as mesmas, facer que tiveran que ir pola vida pouco menos que armados ata os dentes ou, pola contra, se tentaría rematar cos seus asasinatos e que quen os cometera fora castigado con todo o rigor?. Gustaríame escoitar a resposta.
Dixo tamén a nova Delegada que se ía reunir en breve con todas as Comunidades Autónomas para que se recoñeza as vítimas de violencia de xénero sen necesidade de denunciar, sendo válido que este recoñecemento parta dos servicios sociais, e outros que non concretou.
Estupendo, imos para atrás como o cangrexo!.
Anos loitando para que as vítimas de violencia de xénero denuncien, e agora lles van ofrecer a alternativa para non facelo, sen ter en conta, coma tantas outras veces, as consecuencias disto.
Se hai alguén que sexa crítico co proceso das denuncias é Si, hai saída, que nos empregamos a fondo, conscientes da dificultade que para as vítimas implica facelo, en que sexan atendidas como merecen e posteriormente protexidas en condicións, algo que non sempre se fai, mais se algo temos claro e que non existe outro medio para tentar sair da violencia de xénero que non sexa denunciando.
Instalas ou suxerirlles non facelo é sinónimo de poñelas aos pes dos cabalos, como tamén o é que se confie esta evaluación aos Traballadores Sociais, e que ninguén tome isto como unha crítica hacia estos profesionais, porque non o é, nin moito menos, pero, sexamos realistas, detectar a violencia de xénero non sempre é doado.
As mulleres que a sofrimos podemos chegar a ser auténticas virtuosas da interpretación e camuflar, porén, a nosa verdadeira situación.
Qué sucederá cando se dea esta situación? Por non mencionar que a sensibilidade, a intuición e a empatía non é algo que todos os traballadores teñan por igual, eso é obvio, co que isto conleva.
E non falemos dos problemas meramente burocráticos ou administrativos, que se traducen moitas veces en longas listas de espera para conseguir unha cita co Traballador Social que lle corresponda.
Qué fai mentras tanto, rezar para que non a mate?.
Por outra banda, é demencial que ninguén se pare a pensar en algo que implica un gravísimo risco para a vítima:
Se non hai denuncia, qué vai pasar co agresor?.
Pois a resposta é sinxela: Absolutamente nada. É dicir, vai campar libremente, e sen atranco algún para consumar o seu propósito, o propósito en moitos casos de matar a muller.
Do que se trata é de loitar, de traballar, para que o proceso da denuncia se faga do xeito adoitado, que as vítimas sexan atendidas correctamente, coa sensibilidade e empatía que procede e a que teñen todo o dereito, de feito que facelo non se convirta nun novo calvario para elas, e que, posteriormente, sexan protexidas en condicións.
Se os recursos dos que se dispón para isto non son suficientes, haberá que buscar o xeito de incrmentalos, pero, desde logo, ELUDIR A DENUNCIA NUNCA SERÁ A SOLUCIÓN.
Como tampouco será a solución seguir tentando rematar coa violencia de xénro baseándose tan só en teorias, sen coñecer a realidade, algo que está máis que demostrado, máis semella que ninguén se quere enterar.
Tiñamos a esperanza de que o novo goberno, e, máis concretamente a nova Delegada, non tomaran o testigo de pretender loitar contra a violencia de xénero desde os despachos, sen escoitar a quen a vive día a día, máis, polo momento, todo apunta a que a situación se vai repetir de novo.
A mesma canción de sempre.
Poden cambiar os intérpretes, pero a letra sempre é a mesma.
Ogallá me equivoque, o desexo de corazón, mais, tanto desde Si, hai saída como a título persoal, moito me temo que, por moito que teña mudado o goberno, o panorama vai seguir sendo o mesmo, o que se traducirá, nin máis nin menos, en barra libre para os asasinos de mulleres.
Total liberdade para seguir matándonos.
Asociación Si, hai saída