Boris Rodríguez Pintos
Que son os e-sport?/ League of Legends, pioneiro nos e-sports
Ultimamente fálase moito dos e-sports, pero moita xente aínda non sabe o que son ou non está moi familiarizada co termo.
Os deportes electrónicos o e-sports, como son popularmente coñecidos, son competicións de videoxogos nas que varios xogadores ou equipos enfróntanse entre eles para gañar.
Isto non quere dicir que todos os videoxogos competitivos sexan considerados e-sports, para conseguilo teñen que cumprir unha serie de requisitos.
Unha das condicións para que a un videoxogo se lle considere e-sport é o free to play, onde a vitoria unicamente dependa da habilidade dos xogadores, escapando dos xogos onde se poden comprar melloras con diñeiro real, xerando vantaxe para aqueles que teñan unha maior capacidade adquisitiva. A segunda condición é que sexa un xogo competitivo, que permita que dous ou máis xogadores enfróntense entre eles. E, posiblemente a máis importante, é que posúa ligas e/ou torneos regulados e un grupo de seguidores que vexan as competicións de maneira regular.
Os e-sport están nun gran momento, cun crecemento maior cada ano, tanto económico como en espectadores. O mellor exemplo que podemos poñer é o caso do videoxogo League of Legends.
O mundial deste xogo, que se celebra cada ano, foi acollido durante este verán pola cidade de Madrid. O evento tivo unha gran acollida a nivel físico, onde conseguiu reunir afeccionados de todas as partes de España e mesmo doutros países. Tamén bateu récords nas retransmisións online. Segundo a LVP (Grupo Mediapro), encargada da retransmisión oficial en castelán, rexistráronse máis de 1,7 millóns de espectadores únicos só durante os cuartos e as semifinais, cun pico de 207.343 espectadores concorrentes.
League of Legends tamén organiza ligas ao redor de todo o mundo. A máis popular a nivel europeo é a LEC (League of Legends European Championship), con partidos durante as tardes dos venres e os sábados.
Este ano prevese que o título de liga volva ser unha competición a dúas bandas entre G2, quen mantén o seu dominio desde o ano pasado, e Fnatic, quen espera que a fichaxe de Selfmade para a xungla substitúa o foxo deixado pola marcha de Broxah. Con todo, non se poden relaxar, xa que un sólido Origen, e un renacido Rogue, tras a chegada de Lassen o pasado split de verán, axexan con quitar o dominio a estes dous equipos.