Tribuna Viva
O colapso recorrente do Servizo de Urxencias do hospital Montecelo
Ante o colapso recorrente do Servizo de Urxencias do hospital Montecelo desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos comunicar.
- Que esta situación esixe dotar o Hospital dos recursos que sexan necesarios. A deterioración da Atención Primaria con demoras importantes no acceso ás consultas ou a maquillaxe e incremento das listas de espera, fai que se haxan case duplicado as consultas no Servizo de Urxencia.
- A pesar do publicitado por Núñez Feijoo sobre a construción do gran Montecelo, só están orzados este ano 3 millóns de euros de investimento para a obra, 6 veces menos que a media do resto de hospitais. O investimento total en sanidade é de 114 Millóns para o 2020.
- O Proxecto de Plan Funcional contempla unha ampliación do número de camas absolutamente insuficiente con 66 novas camas, apenas un 10% respecto a as actuais e a creación de só un novo quirófano, a pesar de que se están derivando por centos de pacientes cirúrxicos á Clínica privada Dominguez- Quiron
- Ademais deste insuficiente incremento de recursos o Pequeno Montecelo non estará dotado de recursos tecnolóxicos esenciais para o futuro como o PET- TAC (diagnóstico e seguimento do cancro; non terá camas para crónicos, hemodiálise, cirurxía de baixa complexidade ou fisioterapia (pese ao previsible incremento do envellecemento a cronicidade na área). O aparcadoiro será de xestión privada o que supoñerá un elevado custo que dificultará o acceso de pacientes e familiares ao hospital.
Por todo iso consideramos que a ampliación de Montecelo non só resolverá os problemas de acceso á atención sanitaria, senón que esta dirixido a manter e aumentar a derivación de pacientes ao Hospital Privado Dominguez Quirón
Todos o 9 de febreiro as 12 en Santiago coa Plataforma SOS Sanidade Pública
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública