Tribuna Viva
Lourizán alíñase co Concello no seu rexeitamento á ampliación da EDAR
A Platafoma "Non Á Ampliación" manifesta o seu apoio e agradecemento ao Concello de Pontevedra por persistir na súa oposición ao proxecto de ampliación da EDAR actual quea Xunta pretende perpetrar: "Desta maneira o Concello está a defender a vontade popular materializada nas diferentes mocións que se aprobaron no pleno municipal no último ano. O Concello, a diferenza da Xunta, demostra un respecto pola cidadanía pontevedresa".
Desde a plataforma veciñal subscriben as palabras do Concello: A ampliación non é unha solución de futuro senón que é un "mal parche" que vai crear moitos problemas en Os Praceres. A Xunta debe retirar este proxecto e buscar un modelo de saneamento que sexa a alternativa máis racional e sostible para a ría de Pontevedra".
Os principales problemas de funcionamiento da EDAR non están relacionados coa capacidade do caudal, senón coa procedencia de aguas incompatibles coa depuradora, como as aguas das industrias alimentarias do Porto de Marín e as augas pluviais e de mar que entran en múltiples puntos da rede, principal,ente en Marín e Poio.
Só hai un punto no que a plataforma veciñal quere matizar as palabras da concelleira Carme da Silva: non é que a proposta de construción dun campo de fútbol neses terreos non sexa factible. Sería directamente ilegal e a Lei de Costas non o permite.
Por último, desde a plataforma queren poñer o foco nun aspecto que ao Concello se lle pasou por alto: o feito de que a ampliación está prevista nuns terreos que están en cota -1 m sobre o nivel do mar, cando un estudo de Climate Central, publicado recentemente, advirte de que eses terreos se inundarán nun prazo inferior aos 30 anos debido ao aumento do nivel do mar polo cambio climático.
A proposta de ampliación é unha nova demostración de que o goberno da Xunta non se toma en serio o cambio climático e os seus efectos.
A Platafoma "Non Á Ampliación" da depuradora de Lourizán