Tribuna Viva
Pedaladas: Valoración do Velo Laser nas rúas de preferencia peonil limitadas a 10km/h
Aquelas medidas que velan pola seguridade das persoas sempre son positivas, e a presencia do Velo Laser nas rúas de preferencia peonil vai ter un efecto de acougado do tráfico. Probablemente algún ciclista sea sancionado, agardamos que non polo que instamos aos usuarios de bicicleta a cumprir todas as normas de circulación, este ou non este o Velo Laser.
Solicitamos que o Velo Laser se use como elemento disuasorio dos excesos de velocidade nas rúas que concentran os sinistros e atropelos graves.
O que queremos trasladar é que vaise situar o Velo Laser para mellorar a seguridade viaria no lugar onde non houbo nos últimos anos ningún atropelo considerado grave, mentres, nas rúas 30 onde si houbo atropelos o Velo Laser non tivo case presencia neste 2019 nin se fixo unha campaña especial.
Solicitamos ao concello que o uso do Velo Laser a partir de agora sexa naqueles lugares de maior risco probado, nos puntos negros de seguridade viaria de Pontevedra, aqueles lugares onde se rexistran a maioría dos sinistros viarios e onde a velocidade é perigosa para a vida humana.
Consideramos que os camiños escolares, o acceso aos servizos hospitalarios, a Av de Uruguay, Av Compostela, Av de Lugo, Josefina Arruti, Rosalia de Castro... son lugares onde nos últimos 4 anos tivemos un atropelos a peóns e ciclistas, que foron considerados como graves nas estadísticas da Policia Local, é por iso baixo o noso criterio é o lugar máis idóneo para facer campañas regulares de exceso de velocidade.
Non ten lóxica algunha facer unha campaña de exceso de velocidade nun espazo onde non houbo feridos graves mentres o resto do ano non se fan campañas nas rúas 30 onde si temos feridos graves.