Tribuna Viva
En Nadal o mellor agasallo é solidario
A Asociación Boa Vida lanza a campaña "En Nadal o mellor agasallo é solidario" para facer accesible a todas as familias unhas festas ilusionantes con agasallos ecolóxicos de calidade e que fagan da nosa cidade un espazo de solidariedade e fraternidade.
Nesta iniciativa contan este ano co apoio da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, trasmitiran 30 cuñas de radio, nas que as persoas que a escoiten poderan coñecer a actividade da asociación tanto da integración social como do consumo responsable.
No video para redes pode verse o traballo que realiza a asociación e a calidade dos productos que oferta. Con este video pretende facer ver como se conxuga a formación e a xeración de ingresos para persoas en situación de pobreza coa oferta de regalos solidarios.
Para que novas persoas se acheguen ás súas tendas e leven elas o primeiro regalo solidario, editaron 1.000 bonos, que repartiran na rúa, e que se poden cambiar na Tenda da Rúa Santa Clara por 4 prendas seleccionadas, tamén bolsos, e calzado, na mesma liña de regalo solidario e promotor da cultura regalarán libros e puzles aos nenos que acompañen as familias nas compras e porten este bono na tenda de xoguetes da rúa Álvaro Cunqueiro 6.
Con estas accións esperan duplicar os ingresos obtidos no nadal anterior, e seguir ofrecendo servizos ás persoas en situación de pobreza e a cidadania que desexa depositar a súa solidariedade nos seus veciños. Coas achegas deste ano os pontevedreses contribuirán tamén con isto á compra da furgoneta que xa teñen mercada despois do roubo da anterior e para a que precisan 7.000 euros que Traperos de Emaús de Navarra facilitou en concepto de prestamo.
Dende Boa Vida agradecen o apoio que sempre tiveron da cidade de Pontevedra e invitan a dita cidadania a compartir con elas estas festas de xeito responsable e solidario nas tendas das rúas Álvaro Cunqueiro 6 e Rúa Santa Clara.