Tribuna Viva
"O empoderamento das mulleres a través do deporte"
A asociación Amizade organiza este luns, día 18 de novembro, as 18:00, no Pazo da Cultura de Pontevedra, unha charla sobre o empoderamento das mulleres a través do deporte, onde se abordará o deporte adaptado e a experiencia da invitada Milagro López Vernet.
Esta hanbiker natural de Baiona falará das súas orixes no deporte e as dificultades coas que se atopa. É unha das mulleres máis sobresaíntes do mundo da handbike (entre os seus títulos están Subcampiona de España no 2015 e 2017, Campiona de España no 2016, Campiona da Copa de España en 2015, 2016 e 2017) e sen embargo o seu nome pasa desapercibido.
As mulleres con discapacidade son invisibilizadas e dobremente discriminadas, polo feito, de ser mulleres e por ter discapacidade. É por isto, que desde hai case dous anos, un grupo de mulleres socias de Amizade (autodenominadas "Mulleres Diversas"), veñen traballando no empoderamento das mulleres con discapacidade a través de distintas reunións, actos e actividades de sensibilización.
"Mulleres Diversas" queren poñer en valor esta gran deportista e compartir a súa experiencia, ao tempo que deconstruír os estereotipos de xénero vencellados coa discapacidade, mudar a imaxe que de sí mesmas teñen as mulleres e as crenzas sobre os seus dereitos e capacidades.
ASOCIACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE DA COMARCA DE PONTEVEDRA
(Entidade pertencente a COGAMI)