Marta Rodríguez Engroba
Se a estas alturas aínda estamos así, apaga e vámonos
Hai uns días, en Málaga, unha nena tivo que refuxiarse no colexio, do que acababa de sair, para tentar escapar da malleira que seu pai, que a agardaba a saída, comezou a propinarlle, non cesando nela mesmo cando a tirou no chan, continuando dándolle patadas e golpes.
A intervención doutros pais que agardaban polos seus fillos fixo posible que a pequena escapase hacia o interior do colexio, onde permaneceu ata que súa nai, aparentemente sorprendida polo arrepiante suceso, acudiu a recollela, mentras que o agresor, aproveitando a confusión do momento, conseguiu escapar, sendo detido posteriormente pola Policía Local.
Tras esa detención, trascendeu o feito de que tanto a nai coma nena estaban a ser vítimas de malos tratos desde había tempo, e, non sei para os demais, pero a min, ante isto, non podo evitar que se me disparen todas as alarmas e que este arrepiante suceso faga xurdir en min unha serie de dúbidas que me asustan, non sei se mais, pero si tanto como a propia agresión, porque me temo que as respostas a elas son a confirmación de que, malia todo ese panorama que os políticos nos están a pintar, sobre todos nestes días anteriores a unhas novas eleccións. co que tentan demostrar que o proceso para rematar coa violencia de xénero, ou, polo menos, paliala, transcurre polos derroteiros que serían de desexar, eso non deixa de ser unha gran mentira, como mentira son tamén tanto eses protocolos dos que se fala, ou, polo menos, a súa aplicación real, como a concienciación que, supostamente, medra de día en día na sociedade,
Tal como reflicte a terrible noticia a que aludo, o pai da nena agardaba fora a que esta saíra porque tentou acceder ao interior do centro, o que lle foi impedido por persoal deste, e aquí xurde a miña primeira dúbida, xa que non teño claro se esta prohibición foi debida as propias normas do colexio, que indican que as persoas que acuden a recoller aos alumnos deben agardar fora, ou porque o pai da nena tiña prohibido ese acceso por outras razóns estreitamente vinculadas co violento episodio, o cal faría que a situación fora notablemente diferente, xa que, nese caso, os responsables do centro deberían ter adoptado a primeira e mais elemental das medidas: chamar a policía.
Insisto, descoñezo os detalles exactos do caso, e quero e debo, por tanto, ser prudente, pero non podo evitar facerme estas preguntas, como tampouco deixo de preguntarme se algunha das persoas que presenciaron a agresión e que fixeron posible, coa súa intervención, que a nena puidera escapar e refuxiarse dentro do centro, sendo, por tanto, testemuñas directas, chegaron a presentar a pertinente denuncia, algo que as noticias non aclaran, como tampouco aclaran se a dirección do mesmo o fixo, e aquí entramos nun terreo que a min, persoalmente, prodúceme indignación e medo a partes iguais, polo que implica.
Según recollen os medios, pouco despois da agresión, chegou a nai da nena, coa mesma intención que o pai, recollela, e amosouse, din, sorprendida ante o acontecido.
Non obstante, as posteriors investigacións policiais, deixaron ao descuberto que tanto a nena coma a nai estaban, desde había tempo, a ser vítimas de malos tratos, malia que non existía denuncia algunha, algo que, coma sempre, se ten moito coidado en deixar perfectamente claro.
Ante esta situación, non podo evitar o ruxe ruxe que me come por dentro, porque cada vez teño mais claro que imos hacia atrás, e que a violencia gaña terreo cada día, por moito que se nos bombardee co contrario, ou que as campañas políticas nos pinten unhos escenarios que tentan presentarlle as vítimas e a sociedade en xeral, unha crecente seguridade e efectividade que está moi lonxe de existir.
Se hai algo do que nos falan ata a saciedade, especialmente tentanto rebatirnos cando os que traballamos con vítimas de violencia de xénero sacamos a luz algunha das moitas e tristemente reais eivas coas que nos atopamos,é da esmerada formación que se lles está a dar a todos os profesionais que dun ou doutro xeito son susceptibles de atoparse con algunha situación no que esta violencia estea presente, co fin de que poidan detectala, e, porén, tomar as medidas pertinentes, a primeira das cales, e aquí nos atopamos co segundo dos argumentos que mais gustan de esgrimir, é activar un deses fantásticos protocolos que existen, que os obriga a dar parte do caso, algo que raramente sucede, porque o silencio, e finxir que non pasa, nada adoita ser o modus operandi mai frecuente.
Ante a tremenda situación que tanto a nai como a nena están a vivir, como é que ninguén no centro detectou nin o mais mínimo sinal no comportamento, nas actitudes desta?.
Certamente, as vítimas de violencia de xénero adultas, e podo dar fe tanto por propia experiencia como pola que estou a vivir con outras mulleres en Si, hai saída, chegamos a ser unhas auténticas virtuosas da interpretación, tentando demostrar, de portas a fora do noso inferno, que todo vai ben, ademais de por pura supervivencia, xa que temos claro cal pode ser o resultado de que a nosa situación trascenda, por vergoña, porque sabemos que, sen dúbida, se nos vai culpar en maior ou menor grado da nosa desgraza.
Malia iso, non podemos evitar que certos detalles nos delaten, ou fagan xurdir, como mínimo, algunha sospeita. Que os demais os queiran ver, xa é outra cuestión.
No caso dos nenos, isto é ainda mais probable que suceda, porque,por moito que o seu propio instinto os induzca a calar, ademais, en moitos casos, de que a propia nai, por medo, os inste a calar, hai comportamentos, ou, mellor dito, transtornos neste, que, por parte dese persoal ao que se supón se forma neste eido, debería ser detectado, ou facer nacer, polo menos, a dúbida, e actuar en consecuencia, activando ese protocolo, un mais dos que tanto se fala e poucas veces, escasas, de feito, se leva a práctica.
Lamentablemente, sabemos que o mais habitual é que se mire a outro lado, e que, en non poucas ocasións, ainda tendo ao mellor algún profesor a mellor das disposicións, o propio centro non estea pola labor de colaborar, escudándose en que eso son cousas de familia, ou rebatindo, sen mais, os recelos dese profesor, quitándolles importancia.
O vital que pode chegar a ser a súa alerta, e a certeza de que a prevención pode salvar vidas, é algo que non consigue calar.
Unha vez mais prevalece eso de que, do que non se fala,non existe, algo tremendamente desalentador, ademais de, sen dúbida, moi perigoso.
Van pasando os anos, as cifras de vítimas da violencia machista medran e medran, os nosos políticos continúan contándonos historias para non durmir, constatándose, una e outra vez, que moi escasas veces se traducen en resultados positivos, porque é o que teñen as historias fantásticas, que non chegan a ser reais,e eu, que me mergullo cada día na realidade da violencia de xénero, non podo evitar chegar a conclusión, tremenda conclusión, de que, se a estas alturas, coa cantidade arrepiante de vítimas que se está a rexistrar, ainda estamos así, apaga e vámonos.
Asociación Si, hai saída