Marta Rodríguez Engroba
Que gran tristura!
Hai un termo que se utiliza moito cando se fala do sentir das vítimas de violencia de xénero, e que define perfectamente a súa situación.
Ese termo é "indefensión aprendida", ou tamén se podería dicir "impotencia aprendida", define perfectamente ese estado no que prácticamente todas chegan a estar, e que significa que,a medida que a súa situación non soamente se extende no tempo, se non que se fai cada vez mais e mais dura, "aprenden" a comportarse pasivamente, coa sensación de que nada poden facer para escapar do seu inferno, teñan ou non oportunidades reais de facelo.
Pois ben, eu, malia que a diferencia de moitos, non vou de "psicóloga aficionada" pola vida, porque creo, honradamente, que entre os meus moitos defectos non se atopa o de non ser consciente das miñas limitacións, case me atrevería, por unha vez, a "autodiagnosticarme" que o que eu estou a sentir é, nin mais nin menos, indefensión aprendida.
E non digo isto porque estea a sufrir violencia de xénero.
Por fortuna, esa etapa maldita da miña vida hai xa moito tempo que quedou atrás, e xustamente nese momento non cheguei, agás tal vez por un brevísimo espazo de tempo, a sentir esa indefensión.
Sabía que tiña que escapar dese inferno, e que debía atopar, sobre todo por meu fillo, pero tamén, por suposto, por min mesma, as forzas para facelo, e así foi.
Malia eso, o que estou sentindo, si ten moito que ver coa violencia de xénero.
De feito, todo, e estou chegando a conclusión, de que non errei cando, hai xa moito tempo, afirmei que hai actuacións, persoas, que fan moito, moitísimo dano a loita contra a violencia machista, e, porén, as mulleres e nenos que a están a padecer.
Estou a referirme a un "fenómeno" que se repite ano tras ano, tras o verán, pero que este ano, polo tráxico que foi, se está a facer ainda mais evidente.
Sempre falamos do imprudente, inxustificable e temerario incremento da desprotección que as mulleres e os nenos vítimas de malos tratos sufren nos meses de verán, nos que as comisarías, xulgados, e demais servizos destinados, presuntamente, a velar por eles nunhas datas nas que, de todos é sabido, o risco que corren é moito maior, quedan baixo mínimos, ou, directamente, non funcionan.
Curiosamente, a inmensa maioría desas "loitadoras" que mais se manifestan públicamente, que berran "encendidas" consignas contra políticos e institucións, coidando, eso sí, de sair ben preto deles nas fotos, e que dín estar dispostas a todo para "visibilizar", palabra que empregan ata a saciedade. (o que xa non teño tan claro é o que queren visibilizar, malia que vai ascendendo postos a idea de que, principalmente o que mais interese teñen en visibilizar e a elas mesmas), curiosamente, como dicía, tamén durante os meses de verán desaparecen do mapa.
A implicación, a sororidade da que tanto falan, as reivindicacións, quedan gardadas a bó recaudo, e nada, nin siquera un verán sanguento e tráxico como este que estamos rematando, no que a violencia machista segou tantas vidas de mulleres, a un ritmo espeluznante, e mesmo dun neno, ademais doutro, ata o momento, que, afortunadamente, sobreviviu, as conmoveu dabondo como para abandonar, nin por un só día, o seu letargo veraniego.
Semella que, malia esa colosal implicación que dín sentir, ainda non teñen nada claro que a violencia de xénero, os maltratadores, os verdugos de mulleres e nenos, non pechan por vacacións. Que se hai algunha época do ano na que as vítimas precisan protección, apoio, é xustamente no verán, cando as vacacións fan que queden aos pes dos cabalos, que se hai un momento no que hai que berrar contra a desprotección, contra o desleixo tan atroz de quen ten a obriga de protexelos, é xustamente este, no que todos ollan a outro lado, porque ninguén está pola labor de desperdiciar as súas vacacións preocupándose de se matan a unha muller ou a un neno mais ou menos.
Malo será.
E se pasa, sempre queda o consabido minuto de silencio, que total é iso, un minuto, e xa está, aquí non pasou nada.
Nin un so xesto de solidaridade, nin unha soa verba de lembranza para esas mulleres asasinadas, mesmo as que tiñan unha orde de afastamento e as que manifestamente se desprotexeu, nin para ese neno asasinado por seu pai malia que sua nai advertiu repetidamente do perigo que corría.
Nada as conmove. O silencio é total ao longo de todo o verán.
Pero, de súpeto, e case sen decatarnos, xa temos aquí o mes de Setembro, e a cousa xa cambia.
Hai que comezar a deixarse ver de novo, hai que deixar claro que son o mais do mais en canto a implicación e a feminismo, ao que, por certo, algunha delas se consideran coa potestade de decidir quen pode ou non pertencer, e, para eso, nada mellor, unha vez máis, que organizar algo grande, con sona, que faga esquecer que durante todo o verán pasaron absolutamente de todo.
E, de novo, como noutras ocasións, neste punto vou facer un inciso.
Nin estou a meter a todo o mundo no mesmo saco, nin, por suposto, teño nada en contra do lecer, do descanso, nin das vacacións, aos que todo o mundo ten dereito, pero o que teño claro é que, cando hai vontade, todo é compatible.
Si, hai saída non pretende ser exemplo de ninguén, e, por descontado, na medida que foi posible, fumos descansando en maior o menor grado, pero, o que si podo asegurar con toda rotundidade é que en ningún momento baixamos a garda.
Outra cousa é que a case total parálise de organismos e institucións nos impedira facer o noso traballo do xeito que sería de desexar, pero eso non implicou que nos engadíramos ao desleixo case xeral, e a nosa actividade non se paralizou porque fora verán.
E aquí é onde comeza a "miña indefensión" aprendida da que falaba ao comezo.
Se algo teño claro, tanto a título persoal como de integrante dun colectivo que axuda a vítimas de violencia de xénero, é o enorme dano que este tipo de personaxes fan tanto ao feminismo como a loita contra a violencia machista, dando unha visión totalmente distorsionada deles, que, en non poucas ocasións, provocan que algunha muller nunha situación algo mais que delicada, tanto polo perigo que corre como pola súa vulnerabilidade psicolóxica, opte, escoitando as súas arengas , por abandonar a sensatez dun proceso difícil, si, pero inevitable, de denunciar ao seu agresor e recibir axuda psicolóxica, para "empoderarse" e tirar pola rúa do medio, como dín esas "gurús" que tanto saben de loita e de sororidade.
Deslumbradas por certos actos multitudinarios que moitas destas "fenómenas" (non todas, repito!) lideran, polo seu discurso que tenta convencelas, entre outras teorías igual de brillantes, de que o feito de ser home xa é o primeiro chanzo para ser un maltratador, non son quen de decatarse de que,cando realmente precisan axuda, non están con elas, non lles van botar unha man, porque o seu é, nin mais nin menos, puro "atrezo", que semella ser unha cousa, pero que remata en sinxelo decorado.
Pero o mais desesperante, o que xenera en min, en cantos estamos a loitar, non sei se acertadamente, pero si de corazón e poñendo da nosa parte todo o esforzo que podemos, unha enorme impotencia, unha gran, como dicía, indefensión aprendida, é comprobar como, ano tras ano, se lles baila a auga, e, cando despois de demostrar unha total e imperdoable indiferencia durante meses hacia aquelo que din defender, consideran que chegou o momento de "show must go on", mesmo aqueles que pola súa posición deberían ser mais coherentes, de novo lles fan os coros, porque, claro, ninguén está pola labor de desperdiciar un momento de gloria, ou, o que é o mesmo, sair nunha foto ou falar diante dun micrófono, porque tamén os medios de comunicación contribúen a este sainete.
Teño que confesar que houbo un tempo no que cheguei a crer que a súa mentira caería polo seu propio peso, que, mais tarde ou mais cedo, a xente remataría por decatarse de que non soamente non axudan, se non que éstán a facer dano, que non se lles pode alentar no seu despropósito e nese descaro inmenso co que disfrazan os seus intereses, abandoando a "loita" cando non interesa e "volvendo" a ela cando convén estar no candeeiro outra vez, pero, a día de hoxe, comezo a estar convencida de que é inutil, que loitar contra ese "fenómeno", por denominalo dalgún xeito, por moitos argumentos lóxicos que existan, por moitas evidencias que todo o mundo poida ver de que o seu é, como dicía a canción, puro teatro, nada se pode facer para evitar o mal que ocasionan e que sigan medrando, ou, como elas dirían, empoderándose.
Que mágoa que un termo tan fermoso sexa tan mal utilizado!.
Por eso, porque cheguei a crer que nada se pode facer, que a mentira, a falsidade, poden e teñen bastante mais peso que o traballo e a vontade, sinto unha gran impotencia, por iso sinto indefensión aprendida.
Tal vez existan recursos para rematar con isto, pero de nada serven.
Que gran tristura!
Asociación Si, hai saída