Tribuna Viva
Apoio á manifestación en recordo de Sonia Iglesias
A asociación Si, hai saída manifesta o seu apoio a manifestación en recordo de Sonia Iglesias.
Desde a asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero de Lugo, e malia non poder facelo fisicamente, queremos manifestar todo o noso apoio a manifestación que, en recordo de Sonia Iglesias, se celebrará en Pontevedra o Venres, día 30 de Agosto, e, porén a todos cantos participarán nela.
Así mesmo, queremos facer chegar todo o noso agarimo e a nosa solidaridade a cantos seguen a chorar a falta de Sonia, especialmente a súa familia, e, de xeito moi especial ao seu fillo, e, desde o noso colectivo, queremos unirnos a eles e pregar que se siga a facer todo o posible para que esta dolororísima incerteza, que non fai se non aumentar a tremenda dor pola ausencia de Sonia, teña, dunha vez por todas, resposta.
Que Sonia, a súa falta, non caigan no esquecemento, e que a lei e a xustiza actúen con todo rigor sobre quen corresponda.
Desde Si, hai saída, Sonia, estamos contigo.
Asociación Si, hai saída.