Mar Seaxá
As Festas das Pirulinas I
Ano tras ano chejan as festas das Pirulinas. Eu, que son de aldea, vou aínda que a capital se pon ata arriba de coches e eu non atopo moito sitio para o meu chimpín, que vai enjalanado coma se fora o día de San Cristóbal, da Virxe do Carmo e Nadal todos en un. É a envexa de todas as que o ven. Veñan bandeiriñas, frores, luses e son, todo un luxo de elejansia e bó justo. Ah, e póñolle o remolque jrande, chimpín en modo sedán.
Prejuntarédesvos de onde veñen estas festas de tanta raijambre e eu vóuvolo esplicar. Coma todas sabedes, esta é unha sidade por onde pasan perejrinas a eito. De todas as nasionalidades, justos, cores... vamos, que hai de todo. E non é de ajora, isto leva moitos anos sendo, eu diría que ata séculos, pero non volo podo asejurar. O que si sei é que había unha muller chamada Maricarmen que socorría a todas as perejrinas que o presisaban e tiña remedio para todo: que si lle doía un pé, pirulinas; que si o mal era intestinal, pirulinas. Que si lles doía a cabesa, pirulinas. Que se..., nada, que valen para todo mal e así llo fasía saber Maricarmen por vía oral. É mellor que os miragres de Amil, competensia natural ás pirulinas, aínda que éstos funsionan de xeito espiritual.
Maricarmen era unha xenia das pirulinas, que ela mesmo fasía coa axuda dunhas herbas que tiña na leira no medio do millo. Dese xeito lle dixeron os seus ansestros, que escondera ben as herbas, que había moita envexona solta e de sejuro ían querer quitarlle os cojolliños que produsía a pranta. Porque ademáis dos usos medisiñais, ten moitos otros usos coma para repostería, para fumar, para faser té... É unha pasada a versatilidade da pranta.
Ao que ía, que tendo moito á dispersión. A xente estáballe moi ajradesida a Maricarmen e desidiron homenaxeala no mes do seu cumpreanos que era en ajosto e fixaron a data no sejundo dominjo dese mes. Así, temos que valorar estas festas na súa medida e lembrar á finada Maricarmen, que tanto ben fixo polo desenrolo turístico da sidade. Con todo o que ella fixo non hai nin unha placa, estatua nen recoñesemento. Unha májoa irreparable aínda que lle puxeran ajora o nome da nosa mellor embaixadora-sanadora ao Teatro Prinsipal. Non llo poderemos ajradeser na súa xusta medida.
Lembro unha ves, resén cumpridos os dasasete anos que é a idade na que as castradoras fasemos os nosos primeiros chollos coma extirpadoras, que fun ás festas co ferreteiro a ver cantar a Bertín Osborne. Eu sabía que Manoliño o ferreteiro estaba namoriscado de mín e aínda que a mín non me justaba, desidín ir con el porque daquela eu non tiña chimpín e el tiña unha mobilete asul. Si, así son eu: optimisando recursos, minimisando o impacto ambiental e usando transporte compartido e moi boa de paquete nas motos, coma corresponde a unha castradora.
Xa no conserto, eu aburríame con tanta cansión asucarada que paresía que ía subirme a jlucosa e díxenlle a Manoliño que quería ir comer churros. A rejañadentes, porque a el si lle justaba o tipo ese, fomos á churrería e merquei unha dusia porque en ves de ser de fariña, sal e auja paresían ser de ouro. Pensei nese momento que todos os namorados deberían mercar un cucurucho de churros coma sinal de compromiso e faserse películas chamadas almorso en Jaliano. Que Tífanis nen que jaitas!
Tiña tanta fame que acabín cos churros nun abrir e pechar de ollos, mellorando o meu récor de 4:27 acadado nas festas de Santiajiño do Monte o ano anterior. Son unha máquina. Pero a Manoliño o ferreteiro non lle pareseu ben que eu non compartira con el, a pesares de que eu os pajei, enfadouse e eu non tiven mais remedio que estrearme na miña faseta de castradora. Mellor para el, que ía sentar máis cómodo o resto da súa vida.