O AIRE DO GATO
Cando se collía o Aire do Gato, tiña uns síntomas moi parecidos ao Aire de Defunto, en varios artigos consultados escríbese como se quitaba, eran mui variados os Remedios, na nosa parroquia tamén tiñan o seu, este Aire do Gato normalmente prodigábase en propagarse nos nenos….
Nun destes artigos dice que se quitaba o aire buscando o gato causante do mal ( e se non se atopaba o culpable, collíase un da mesma cor), seguidamente enterrábase vivo deixandolle a cabeza fóra. Era despois de que o gato enterrado desta maneira ao morrer de fame, cando o enfermo curábase.
Tamén Lis Quibén recolle na nosa parroquia como se curaba o Aire do Gato :
En Cerponzones(Pontevedra), utilizan en vez del roble el “pexegueiro” ( melocotonero), y a su sombra se colocan dos mujeres de nombre María con el niño enfermo, una lo coge y se lo dá a la otra, diciendo :
“María, toma”, y la otra, al recibirlo, pregunta: “María, ¿Ti que me das ?”, y se lo devuelve, mientras la primera dice : “María, trae acá”.
Esto lo hacen tres veces al día y durante nueve seguidos.
Na parroquia de Xeve tiñan unha forma moi similar á da nosa parroquia para sacar o Aire do Gato, ou Enguenido, como lle chamaban alí. Tiñan en común as “Marías”, como tamén en Laza (Ourense), esta destacada intervención do nome María en curacións é debido ao respeto que causa o nome por vir da nai de Jesús, e tamén por atribuírlle virtudes en curar algunhas enfermidades.
Tamén teñen remedios parecidos no caso do Aire de Sabandixa.
Cando estás afectado por un aire que procede de un animal o normal e que o aire bótano as femias, e normalmente cando están preñadas, en celo ou recién paridas.
Estos aires soen afectar os máis cativos, pero cando o aire ven de unha sabandixa afecta a todos por un igual, sexan nenos ou maiores.
Cando colles o aire e debido a que o animal se ve amenazado polo home, e quere defenderse soltando os aires ou líquidos que teñen nas súas bolsas, o pouco tempo xa empezas a notar coma a pel vai collendo un cor avermallento, e seguidamente comenzan a sairche uns grans, ademáis da infección etc.
O pouco de comenzar esta doencia acudias o curandeiro da parroquia, ou de outro lugar que tivese boa fama en curar os males de aires, esta xente ten cada unha o seu remedio para curar. Un destes remedios que estaba mui extendido por varias parroquias veciñas era a de coller un pouquiño de fiúncho, xunto cunha rama de allo, mollanse en auga ou en viño tinto, despois de mollados pasabase pola parte afectada nove veces durante un día, recitando o mismo tempo un salmo e facendo cruces polo sitio afectado.
O salmo que ben podía recitarse na nosa parroquia podía decir máis ou menos así:
Pola ponte da Rons
uns pasaron e outros non,
se é pinta ou pitón,
se é culebra ou culebrón,
se é sapo ou sapón,
se é lagarto ou lagartón,
se non tódolos bichos
desa nación.
Que non crezan,
nin avivezan,
nin fagan cousa
que mal pareza.
Te bendizo, te disciplino
con tres ramos de fiollo
e viño tinto.
Pola gracias de Dios
e da Virxe María
un Padrenuestro
e un Ave María.
Son moitos os remedios que había para quitar este Aire, o que máis me chamou a atención de todolos remedios era que o primeiro que se facía era coller unha sabandixa e queimala.
Despois as cinzas da sabandixa bótavase encima da ferida, que anteriormente era lavada con auga quente, esto facíase durante nove días, sempre tendo cuidado de ir facendo coa cinza a forma da cruz. Noutros lugares usaban as cinzas mesturada con aceite e ruda, facendo a señal da cruz co salmo correspondente.
(Fonte: MUSEO DO POBO GALEGO; Monografías; “La medicina popular en Galicia”, autor; Victor Lis Quiben; Prólogo: Fermín Bouza Brey, Publicación: 1949), MEDICINA POPULAR, autor Elisardo Becoña.