
Tribuna Viva
150 anos de anexión o Concello de Pontevedra
Tal día cóma hoxe do ano 1869 os antigos Concellos de ALBA, formado polas parroquias de Campañó, Cerponzóns, Lérez e Alba, o de MOURENTE, formado por Bora, Marcón, Tomeza e Mourente, e o Concello de SALCEDO, composto polas parroquias de Lourizán e Salcedo, anexiónanse o Concello de Pontevedra.
Pontevedra levaba tempo en quere ampliar o seu territorio, pero sempre se encontraba co rechazo destes Concellos, ata que chegou o ano de 1869, donde se produce unha nova configuración do municipio.
Dende a Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns enviamoslle un saudo a todos os Veciños e Veciñas de estas parroquias que pertecen o Concello de Pontevedra dende fai 150 anos, animándoos a seguir facendo parroquia dende o movemento veciñal, a involucrar os máis xóvenes, a traballar por conservar o extenso Patrimonio que teñen as nosas parroquias, é a non deixar de perder as tradicions....en resumen, a querer o noso.
Sin máis queremos compartir con todos vos o documental que se realizou con motivo da celebración do milenario de Cerponzóns, quixemos celebrar estos "mil anos" de historia cos veciños e veciñas, con motivo desta celebración rodouse durante catro días coa colaboracion de máis de 40 veciños e veciñas dos diferentes lugares de Cerponzóns, foi un rodaxe donde se quixo ilustrar a realidade da veciñanza, foi o noso homenaxe feito de corazón :