Tribuna Viva
Vertido de lodos procedentes do dragado do porto de Pontevedra preto de Ons
Na actualidade estase a falar moito do vertido dos lodos (do dragado previsto no rio Lerez ) nun punto a 3 millas o SO da illa de Salvora, e de cómo estes lodos contaminantes poden (ou están afectando xa) os sectores pesqueiros e productivos da ria de Arousa, pero dende Anduxia queremos advertir que estes vertidos contaminantes tamén poden afectar gravemente a illa de Ons e a propia ria de Pontevedra xa que a zona de vertido atopase só a 4 millas ó Noroeste da illa de Ons.
Polo tanto non se trata dun problema ecoloxico exclusivo da ria de Arousa senón que pode afectar gravemente tamén a Ons e a ria de Pontevedra, e sobre todo o Parque Nacional das illas Atlanticas cuxos fondos mariños protexidos atópanse preto da zona de vertido.
Trátase dunha zona plana a 98 metros de profundidade onde non existe nengun tipo de fosa nin burato nin nada parecido. Se non mais ben unha montaña de lodo onde xa se acumulan mais de 1,5 millons metros cúbicos procedentes de distintos dragados portuarios feitos no pasado (dende hai 30 anos).
Os lodos que se pretende dragar no Lerez non son áreas limpas nin moito menos xa que levan décadas sufrindo os vertidos da zona urbana de Pontevedra. Inda que hoxe en dia hai depuradora en Praceres, seguese a verter o rio augas fecais por aliviaderos agochados. Feito
que puido constatar está asociación o ano pasado. Ademais dos distintos contaminantes químicos ou mesmo metáis pesados que se poden haber ido acumulando o longo dos anos no fondo do rio sobre todo dada a proximidade de ENCE (cando sube a marea os contaminantes suben para arriba).
Aproveitamos tamén para sinalarlle a aqueles sectores ou direxentes do mar que sairon en defensa de ENCE para lembrarlles que esta industria esta moi lexos de ser inocua e para a ria.
Ence consume mais de 25.000 metros cúbicos de auga por dia procedentes do río Lerez (a cidade de Pontevedra consume uns 14.000 metros cúbicos por día e Bueu uns 700 metros cúbicos o día). Un auga que se emprega para “cocer” as “astillas” do eucalipto e así separar a celulosa da lignina obtendo pasta de papel de celulosa que logo se exporta para distintos usos. Esta agua empregada para “cocer” o eucalipto sae logo a ria polo emisario cargada de materia orgánica (e outros residuos químicos) o cal e o caldo de cultivo perfecto para as bacterias ( tanto coliformes totais e fecais).
Ence provoca entón unha importantisima contaminación bacteorolóxica na ría polo volumen de auga cargada de materia orgánica que diariamente aporta a ria de Pontevedra, o cal hai que sumarlle tamén o mal funcionamento de moitas depuradoras; como a de Praceres, Poio nin siquera ten, e tampouco podemos olvidar que Bueu segue sen activar o seu filtro UV obrigatorio (que mata as bacterias fecais).
Xesús Framil Barreiro
Presidente da ASOCIACIÓN ECOLOXISTA DE BUEU ANDUXÍA,